Alberte G. Nicolás | Candidato polo BNG

“O primeiro que faría no goberno é abrir as portas do Concello á veciñanza”

Alberte G. Nicolás.   | // L.O.

Alberte G. Nicolás. | // L.O. / A. P.

A. P.

Por que dá o paso?

Por unha banda, por responsabilidade coa vila que me viu crecer, que ten unha potencialidade que non se está aproveitando. E outra, por convicción, porque o BNG demostrou que alí onde gobernamos mellora a calidade de vida da xente.

E que sería o primeiro que faría se goberna?

O primeiro, abrir as portas do Concello á veciñanza e estar onde está a xente, Miño é máis que a vila, son tamén as parroquias e hai que estar á beira da xente. Para nós é moi importante facer participe á veciñanza das decisións con encontros periódicos nas parroquias, con orzamentos participativos ou implantando un escano veciñal no pleno.

E prioridades?

Moitas. Algo que vai no ADN do BNG é facer vilas máis amables e aquí podemos conseguilo apostando por unha mobilidade máis sostible e cubrindo e mellorando os servizos máis básicos. Refírome por exemplo a melloras no colexio Castro Baxoi ou en Costa Miño, con moita poboación e moi nova, e que carece de servizos como un supermercado, un centro social, unha escola infantil. Nós por exemplo propoñemos reabrir a antiga unitaria de Xarío como escola infantil e recuperar para uso público a antigua escola de Gallamonde, que podería albergar un centro de maiores comarcal.

O BNG leva varios mandatos sen representación no Concello. Pensa que de esta vai?

Si, percibo unha corrente de simpatía que vai en aumento. Levamos facendo un traballo intenso no último ano e noto que a xente está pendente do que facemos..

En caso de que o PSOE perda a maioría absoluta e precise do BNG, sería partidario de entrar no goberno ou de acordos puntuais?

Nós presentámonos coa vontade de gobernar, a partir do 28 de maio traballaremos para o mellor da vila en función dos resultados.