Como vai a campaña?
Ben. Detectamos moita receptividade e somos moi optimistas.
Que quere dicir?
Percibimos unha simpatía que agardamos se traduza nun apoio que nos permita liderar o Goberno.
Con quen pactarían e con quen non?
Non pactaríamos coa dereita.
Repetirían cos seus exsocios, UxC e PSOE?
Non. Nós non pactaríamos coa dereita entendida como, no actual mandato, PP, Ciudadanos e UxC.
UxC é a dereita?
Si, estes catro anos UxC desenvolveu unha política antisocial e retrógrada que se sustenta en cuestións como o servizo de axuda no fogar, que se desenvolve na máis absoluta precariedade, ou atención temperá, onde quixo facer un uso absolutamente improcedente.
Iso levábao o PSOE.
Quen ten a Alcaldía, o máximo responsable, é UxC. O PSOE estes catro anos foi un auténtico convidado de pedra.
Co PSOE pactarían?
Non. Co PSOE estaríamos abertos a negociar en base a premisas programáticas.
As principais ideas?
Liquidar o contrato de axuda no fogar para unha nova licitación que prime a calidade,comezar de cero o PXOM con transparencia e participación e negociar un convenio coa Juventud de Cecebre que permita a Cambre ter un auditorio digno e tratar á entidade decana do concello como merece.