ACEBE.CCA é a Asociación dos Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, unha organización sectorial con máis de 30 anos de historia e integrada na rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia dende o ano 2005.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos CCA foi constituida cunha clara finalidade: impulsar a actividade empresarial especialmente a adicada ó pequeno comercio, que se desenvolve en Betanzos e a súa comarca.

O Concello de Betanzos é a base de actuación de ACEBE.CCA aínda que o seu mercado de influencia se estende por toda a comarca, abranguendo ata 10 concellos, nunha área xeográfica determinada pola proximidade das localidades limítrofes (Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Villarmaior, Vilasantar, Bergondo, Abegondo...).

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos está formada polo conxunto de actividades comerciais e de servizos que se sitúan dentro do centro urbano. A súa estrutura correspóndese cunha serie de criterios, tales como a diversidade comercial e de servicios, unido á oferta complementaria de ocio.

Na actualidade ACEBE.CCA está integrada por máis de 200 socios que representan a totalidade dos sectores comerciais de Betanzos ós que a Asociación ofrece diversos servizos e vantaxes cara a súa promoción e mellora baseándose sempre nos principios básicos de unión, dinamismo e promoción conxunta. Ademais ACEBE.CCA traballa para que o tecido comercial e empresarial de Betanzos represente unha zona de compras cada vez máis atractiva, rendible e de fácil e cómodo acceso.

ACEBE CCA elaborou un plan de actuación no que se incluiron diferentes acción promocionais que se desenvolven ó longo de todo o ano:

Campañas de Nadal e verán; MERCABETANZOS, o mercado de oportunidades do comercio de Betanzos; FEC BETANZOS, a feira empresarial e comercial de Betanzos; FASHION´S NIGHT OUT, a noite de portas abertas do comercio de Betanzos…

O CCA do Comercio de Betanzos, ademais de estar integrado nunha área monumental ofrece un trato personalizado, espazos abertos e zonas axardinadas e ademais integra outros servizos que non son únicamente comerciais pero que son focos de atracción de clientes potenciais (hostalaría, Administracións Públicas, servizos…). Además, o CCA do Comercio de Betanzos é un gran xerador de riqueza para a localidade, pois está conformado por unha gran diversidade de PEMES que sosteñen a economía local.

O Comercio de Betanzos ademais dunha ampla oferta e da variedade comercial pretende funcionar como motor de compra, aportar unha oferta de ocio complementaria, ofrecer unha imaxe comercial conxunta e ofrecer ós clientes un amplo abano de vantaxes fronte ás grandes superficies comerciais.