Os traballos de montaxe da Feira das Oportunidades organizada polo CCA Carballo marchan a bo ritmo.

Unha vez montada a carpa no parque do S. Martiño os profesionais céntranse agora en acondicionar o seu interior para que a próxima fin de semana todo estea a punto.

34 stands ofrecerán un surtido do máis variado tanto no equipamento persoal como para o fogar. Todos os expositores son da localidade o que dá unha seguridade engadida á clientela en canto á calidade do produto ofertado.

A feira abrirá as súas portas o sábado ás 10:00 horas ata as 21:00, ininterrompidamente, e manterá o mesmo horario o domingo. A entrada é gratuíta.

Ambos días, a partir das 17:00 horas, haberá talleres de maquillaxe e globoflexia dirixidos ao público infantil, a cargo de Hinchables Coruña.

Expositores 2015 :

1. A Cociña de Alba

2. A Trastenda

3. Alonso Moda

4. Amar Moda

5. Area de descanso

6. Arte y Moda

7. Atmósfera Sport

8. B&S (Beauty Style)

9. Benetton

10. Box

11. Calzados Lolita Anido

12. CCA Carballo

13. Deportes S. Remo

14. Esprit

15. Hinchables Coruña

16. Infinity

17. Javier Rodríguez

18. Kerala

19. La Voz de Galicia

20. Lola´s

21. Maiela

22. Moda Suárez

23. Moncho Antelo

24. O Barco dos Soños

25. O Rastrillo

26. O rincón de María

27. Perfumería Garrote

28. Reneymar

29. Sos Tronic

30. Sueño de Hadas

31. Tamara

32. Tecnosos Galicia

33. Tokes

34. Un paso máis