Mindfulness ou atención plena refírese ao estado mental que emerxe ao prestar atención ao momento presente de forma intencional, sin xulgalo e centrándose na experiencia inmediata. Así definen este proceso desde Quietud Mindfulness Center e así llo transmitiu un dos seus instructores, Manuel Darriba, os docentes dos centros educativos da comarca da Coruña que participan no proxecto Miniempresas Coruña. Mindfulness é unha das actividades para o profesorado que inclúe o programa e que permite "transformar a relación co alumnado cunha maior capacidade de escoitar e empatía, ao tempo que se aprende a mellorar os cambios e a ser máis creativos na toma de decisións", según explica Darriba. O experto, encargado de impartir o taller explica que os alumnos tamén se acaban beneficiando desta metodoloxía porque se modificaba a forma de relacionarse no sistema educativo. E tamén -engade- é unha técnica que axuda no traballo que estes meses levaron a cabo equipos de cinco centros da comarca nos seus proxectos de miniempresas.

A edición de Miniempresas Coruña clausurouse esta semana coa entrega dos premios do concurso de miniempresas no que resultaron galardonados o IES Universidade Laboral de Culleredo, o IES Isaac Díaz Pardo de Sada e o CIFP Paseo das Pontes. Tamén participou o CIFP Ánxel Casal e o CIFP Someso, este último con dous proxectos.