15 de abril de 2019
15.04.2019
CONTENIDO PATROCINADO

Lugo, a túa escapada en Semana Santa

Semana Santa e o verán chaman xa á porta e na provincia de Lugo sempre poderás atopar o teu espazo, para ese intre de desconexión para perderse con familia, amigos ou en soidade. Ademáis, dende o 12 de abril, O Courel xa é Xeoparque Mundial da Unesco

15.04.2019 | 18:04
Lugo, a túa escapada en Semana Santa

Dende o Cantábrico ao Canón do Sil e dende os Ancares ata a Dorsal Galega, a provincia de Lugo atesoura paisaxes culturais onde a diversidade da natureza, do patrimonio e das formas de vivir fálannos dun territorio cunha personalidade única. Ademáis, dende o 12 de abril, O Courel xa é Xeoparque Mundial da Unesco.
Os 67 municipios da provincia intégranse en catro xeodestinos. Todos eles forman en conxunto un mosaico que nos permitirá achegarnos á Galicia máis xenuina e vivir experiencias forxadas na autenticidade da súa xente, da súa historia e dos seus espazos naturais. Descubre os xeodestinos da provincia: Ancares-Courel, A Mariña Lucense, Lugo-Terra Chá y Ribeira Sacra

LUGO INÉDITO
Lugo, a provincia máis extensa de Galicia, atesoura nun único territorio diferentes realidades que nos falan de auténticos milagres da natureza, períodos de esplendor histórico e de formas de vivir que son o resultado da relación do home e o seu medio natural, as súas ideas e crenzas que durante o transcurso do tempo foi materializando en forma de construcións e lugares que hoxe nos remiten á forma na que os nosos predecesores observaron e souberon adaptarse á súa contorna.
Esta particular visión da vida permítenos falar dunha terra que garda numerosos recunchos e misterios ligados á súa memoria. Verdadeiros prodixios que teñen o privilexio de poder colgarse a etiqueta de únicos
A guía Lugo Inédito pretende ser unha proposta que sirva de fío condutor para coñecer toda a provincia a través de elementos do seu patrimonio que a fan diferente. Lugares que posúen trazos que os singularizan nun contexto determinado e que nos fan a todos os lucenses donos dun orgullo que agora desexamos compartir contigo.

LUGO NATURAL
En Lugo a natureza desenvolveuse formando parte inseparable de formas de vivir únicas que se forxaron na diversidade das súas paisaxes. Así, o mar, as montañas, as chairas e os vales fluviais do interior proporcionan un panorama de contrastes que modelou o carácter dos lucenses, as súas actividades e mesmo a súa forma de contemplar o mundo. Foi esta íntima conexión entre o ser humano e a natureza a que permitiu preservar ata os nosos días un legado ambiental e cultural de incalculable valor.
Unha mostra desta perfecta simbiose constitúena as Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO, cuxa extensión abarca máis do 55% do territorio e que converten a Lugo nun referente internacional. É aquí onde as paisaxes da auga, protagonizados polas concas do Miño, o Eo ou o Navia, así como as montañas, vales e bosques das serras orientais da provincia se concíben como unha auténtica fonte de vida.
En Lugo tamén atopamos a maior superficie de Galicia protexida ao abeiro da Rede Natura 2000, a máis importante rede de espazos naturais protexidos a nivel europeo. Esta declaración integra as denominadas Zonas de Especial Protección de Aves e as Zonas de Especial Conservación, onde conviven especies e hábitats de extraordinaria fraxilidade.
Dentro dos espazos protexidos da provincia sobresaen tamén Monumentos Naturais como o denominado "Souto da Retorta" en Viveiro, que acolle os maiores eucaliptos de Europa; o pregamento sinclinal de Campodola- Leixazós en Quiroga, escenario idóneo para a práctica do xeoturismo e outras formacións de gran singularidade e beleza como a Praia das Catedrais, referente do turismo galego e considerada entre as mellores do mundo.
E é precisamente o litoral, balcón do Cantábrico, o escenario onde a arquitectura do mar se desfruta en todo o seu esplendor. Neste espazo, as formas dos cantís imprimen o carácter dunha costa salpicada polos caprichos xeolóxicos da rasa cantábrica, as rías altas, os cabos e as máis de 50 praias que constitúen un punto de partida para o coñecemento da biodiversidade costeira e o patrimonio marítimo, así como a práctica de deportes náuticos.

BENS PATRIMONIO DA HUMANIDADE
A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade aqueles bens ou territorios que polo seu valor cultural, natural ou histórico son merecedores da protección e recoñecemento mundial.
Na provincia de Lugo contan actualmente con esta consideración a muralla romana de Lugo e os Camiños de Santiago Francés, Primitivo e Norte, incluíndose na declaración destes dous últimos as catedrais de Lugo e Mondoñedo.
Todos estes bens son auténticos símbolos de ideas e valores humanos, ilustran etapas significativas da Historia ou constitúen verdadeiras obras mestras do xenio creador, cumprindo polo tanto con diferentes criterios que a UNESCO establece como requisitos para a declaración de Patrimonio da Humanidade.

CAMIÑO DE SANTIAGO
Lugo é a provincia española xacobea por excelencia. Os seus máis de 800 quilómetros de Camiños de Santiago, contando todas as súas variantes, converten o territorio provincial en lugar case obrigado de paso cara á capital compostelá.
Pola provincia de Lugo transcorren tres rutas declaradas Patrimonio Mundial da Humanidade: trátase do Camiño do Norte, o Camiño Primitivo e o Camiño Francés. Ademais, polo sur da provincia pasa outro itinerario oficial: o Camiño de Inverno, un percorrido elixido nos meses máis fríos do ano polos peregrinos medievais que desexaban evitar os nevados cumes do Cebreiro.

TERMALISMO
As orixes do termalismo en Lugo remóntanse á romanización e foi precisamente na antiga cidade romana de Lucus Augusti onde entre os séculos I e II de nosa era se construíron xunto ao río Miño as termas, antigos baños públicos dos cales hoxe se conserva o apodyterium ou vestiario e unha zona abovedada. Son estes restos os que dan ao balneario da capital lucense o privilexio de ser o único en Galicia que conserva dentro do edificio os vestixios arqueolóxicos orixinais.
Outras opción termáis da provincia son: O balneario de Guitiriz (neste municipio lucense tamén se atopan as fontes termais de San Xoan, Pardiñas e Valdovín)  e o balneario Río Pambre, situado en Palas de Rei, e o balneario de Augas Santas, situado no municipio de Pantón, no sur lucense, e cuxas modernas instalacións e campo de golf poñen o broche de ouro á oferta cultural e enoturística da Ribeira Sacra.
A tradición termal lucense non se limita en exclusiva á actividade dos grandes balnearios. É o caso, entre outras, da fonte de augas ferruxinosas do Incio, as fontes da Rogueira no Courel, os antigos balnearios de Céltigos en Sarria, Mouriscados en Chantada e de Frádegas en Antas de Ulla ou a coñecida Charca do Alligal de Vilalba.

XEOTURISMO
Nos últimos tempos, a provincia de Lugo desenvolveu iniciativas pioneiras en Galicia no ámbito do xeoturismo, unha modalidade que ten como obxectivo a divulgación da xeodiversidade do territorio coa fin de conservar o seu patrimonio natural. Ademáis, dende o 12 de abril, O Courel xa é Xeoparque Mundial da Unesco.
A través desta proposta, realizaremos un completo percorrido pola historia xeolóxica de Galicia que nos levará a visitar inmensas superficies de erosión mariña como a rasa litoral, afloramientos dos antigos fondos do mar producidos pola oroxenia alpina e que hoxe forman grandes pregamentos tombados como o sinclinal de Campodola- Leixazós no Courel; pegadas glaciares como o Pedregal de Irimia , en Meira, ou a lagoa de Lucenza e A Devesa da Rogueira; fosas tectónicas afundidas que propiciaron o profundo encaixonamiento de cursos fluviais como o do Sil e unha extraordinaria riqueza mineral que no seu día derivou no desenvolvemento económico das serras orientais lucenses grazas ás explotacións auríferas de época romana e, de maneira máis recente, ás louseiras.

ARTESANIA NA PROVINCIA DE LUGO
Os traballos de artesanía da Provincia de Lugo teñen como orixe os oficios populares que antano tiñan por misión a fabricación de obxectos cotiáns que facilitasen a vida dos habitantes dos pobos e aldeas. Nas últimas décadas, os avances tecnolóxicos foron desprazando ese carácter funcional das pezas artesanais, que hoxe cumpren unha misión máis relacionada co seu valor estético e decorativo.
 
É o que sucede por exemplo coa cerámica tradicional, que en Lugo contou con importantes centros de produción como Mondoñedo, Samos, Bonxe e Gundivós, cuxas pezas eran empregadas nas cociñas tradicionais ou para labores cotiás como a matanza. Actualmente quedan tres centros de produción de cerámica tradicional en Lugo: un en Bonxe, no municipio de Outeiro de Rei e dous en Gundivós, onde a característica cerámica negra atópase tamén intimamente ligada á tradición vinícola, como demostran pezas como os característicos xarros.
Nas serras orientais, e en especial en zonas próximas a Asturias como A Fonsagrada, Pontenova ou Riotorto, destacou o traballo dos ferreiros, moi centrado na elaboración de toda clase de útiles para o campo, pero tamén de coitelos e navallas de extraordinaria calidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook