Se tes un proxecto relacionado co mundo do mar, non dubides en consultar ao GALP Golfo Ártabro Sur, que ten aberto o prazo de solicitude de axudas para todos aqueles proxectos que contribúen aos obxectivos da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), localizados no ámbito territorial elixible do GALP Golfo Ártabro Sur (isto é A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada), viables técnica e economicamente e que se axusten á normativa sectorial.

Outorga dos tipos de subvencións: produtivas, dirixidas a actividades económicas que implican creación e mantemento de emprego e cuxa porcentaxe subvencionable pode acadar o 80%, e non produtivas, que engloban proxectos de interese público e cuxa porcentaxe pode chegar ao 100%.

O GALP Golfo Ártabro Sur, chega a esta data con uns moi bos resultados: o 74% do orzamento destinado a xudas, máis de 11 novos empregos vencellados ao sector, ata 32 postos de traballo consolidados, 17 novas empresas ao abeiro do programa de axudas, 3 proxectos adicados á redución da pegada de carbono ou ata 8 accións e actividades de animación e dinamización do GALP e máis de 100 persoas beneficiarias.

Para esta convocatoria animan, sobre todo, a persoas con proxectos de crecemento azul e coidado medioambiental, proxectos relacionados co patrimonio cultural das zonas costeiras, ou proxectos ligados ao sector náutico e que axuden a impulsar e profesionalizar o turismo mariñeiro e relacionado co mar, pois a gran riqueza dos recursos e medios mariños e das tradicións mariñeiras da zona supoñen unha oportunidade para o aproveitamento económico sostible. Ademais, o perfil de persoas e organizacións que reciben este tipo de axudas é moi diverso: autónomos, PYMEs, asociacións, confrarías, entidades públicas, etc., podes consultar se podes ser beneficiario nas bases das axudas.

No seguinte vídeo amosarase o procedemento de solicitude de forma simplificada:

Algúns dos proxectos subvencionados ata agora pódense atopar na páxina:

https://galp.xunta.gal/golfo-artabro-sur/proxectos-aprobados

Algúns exemplos son a "Posta en marcha dun curso de coidado e reparación de aparellos de embarcacións e embarcacións", "Aforro enerxético e redución do impacto ambiental na lonxa de A Coruña a través da modernización de luminarias e equipos", "Posta en valor do remo tradicional e dos valores naturais e patrimoniais do Golfo Ártabro sur", "Open Science", entre moitos outros.

Ti tamén podes levar a túa idea, estás pensando en: ¿un local no que se poidan degustar produtos de pesca fresca de proximidade? ¿Rutas náuticas con embarcacións sustentables? ¿Centros de interpretación da riqueza ambiental das zonas costeiras? ¿Artesanía con produtos reciclados do sector pesqueiro? Calquera idea que encaixe dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) poden facer dela que sexa o teu proxecto de futuro.

Se estás interesado ou interesada en poñer en marcha un proxecto neste eido, non te demores, pois o prazo remata o día 1 de marzo. Visita as oficias do GALP Golfo Ártabro Sur en Avda. do Porto nº 21 - baixo Sada ou chama ao 881.896.417, o seu equipo técnico guiarate e asesorará o teu proxecto. Podes consultar o procedemento de solicitude, e máis información, nos seguintes enlaces:

https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com/p/solicitude-de-proxectos.html?fbclid=IwAR3pX1zC4TAJIkbUYGZfDlXzIUZVR50Dhy-OsO_mwEj_L6ij7qAneEZ15ak

https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com/