Ante o estado de alerta pola propagación do Covid-19 e conscientes da inquedanza que pode xerar entre a poboación o que afecta a un ben básico como é a auga, Viaqua desexa manifestar que a subministración estará garantida coas mesmas garantías que ata o de agora.

A calidade e a seguridade da auga potable está garantida en todo momento. Os actuais procesos de tratamento e os parámetros de control da auga de consumo garanten a calidade sanitaria, non véndose esta afectada pola actual situación. Adicionalmente, o lavado de mans con auga e xabón é unha das principais medidas preventivas para evitar o contaxio.

Viaqua, en coordinación con todas as administracións e en conformidade coas súas orientacións, implementou unha serie de medidas preventivas encamiñadas a protexer a seguridade sanitaria de todos os seus empregados, así como a asegurar o normal funcionamento das instalacións nas que opera, sexan plantas de depuración, potabilización ou subministración.

Así mesmo, Viaqua adoptou as decisións necesarias para dispoñer, en tempo e prazo, do material necesario e suficiente para asegurar a calidade da subministración con todas as garantías que habitualmente veñen sendo aplicadas.

Para maior concreción e transparencia, e tendo en conta que hai determinadas operacións que requiren asistencia presencial, Viaqua desexa facer públicas as seguintes decisións adoptadas:

  • Creación de equipos independentes de traballo operativo nas diversas plantas de tratamento de auga, dado que as características da actividade requiren un labor presencial que imposibilita o teletraballo.
  • Estes equipos de traballo operativo funcionarán de forma independente, a efectos de evitar calquera risco de contaxio e, no caso de que se detectase nalgún deles, ter que establecer un período de corentena.
  • O deseño deste operativo implica así mesmo a disposición dun terceiro equipo de retén, para garantir a normalidade do traballo de subministración de auga.
  • A segregación destes equipos de traballo implica así mesmo a supresión de calquera contacto directo ou indirecto, tanto en instalacións como vestiarios.
  • Doutro lado, están a optimizarse e extremando as medidas de hixiene persoal.
  • Dadas as características da actividade cotiá do ciclo integral da auga, as instrucións de traballo ás empresas contratistas facilítanse basicamente de forma telefónica ou telemática, sen carácter presencial.
  • Do mesmo xeito, para garantir a esterilidade das operacións, canceláronse todas as visitas ás instalacións, salvo en actividades esenciais como é o transporte de materiais necesarios para asegurar a salubridade da auga e o normal funcionamento das devanditas instalacións.
  • Ante os riscos de eventual desabastecemento de produtos ou compoñentes debido ao carácter global desta crise, Viaqua procedeu, coa colaboración das empresas subministradoras, a facer un aprovisionamento do material necesario para asegurar durante a duración da crise a continuidade da subministración coas garantías habituais ata o presente.

Viaqua está en todo momento en comunicación coas autoridades sanitarias ante a situación actual e aplicou os protocolos de prevención ditados polas autoridades entre o seu persoal en todas as súas instalacións. As medidas preventivas (sanitarias, teletraballo, quendas rotatorias,...) están orientadas a protexer a saúde dos empregados. En todo momento, desde a compañía compartiuse cos empregados detallada información tanto da situación na empresa como na contorna.

Do mesmo xeito, co obxecto de protexer a saúde dos seus empregados, a dos seus clientes e garantir a continuidade do servizo con medios alternativos, Viaqua lembra que ten á súa disposición as seguintes canles de atención non presencial onde poderá realizar todas as súas xestións:

www.viaqua.gal Teléfono de atención ao cliente: 900 201 230