O programa Aquae STEM de Viaqua e Fundación Aquae pon en marcha a súa segunda edición cunha novidade destacable: mensualmente organizaranse Aquae STEM de Viaqua e Fundación Aquaewebinars O obxectivo deste programa educativo é fomentar o interese das alumnas de 2º a 6º de Primaria polas carreiras científicas.

Un dos grandes problemas aos que se enfrontan as nenas desta idade para vincularse ás STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) é a falta de referentes femininos nestes campos. Neste sentido, Aquae STEM achegaralles mensualmente ás alumnas, dos máis de 50 colexios de toda España nos que Aquae STEM xa se está desenvolvendo, as experiencias de enxeñeiras, matemáticas, biotecnólogas ou informáticas españolas para espertar o seu interese por estas disciplinas.

Irene Lapuente, física de formación e especialista en comunicación e divulgación científica, será a condutora destes webinarsIrene é fundadora e directora da Mandarina de Newton, empresa que “marida” ciencia e tecnoloxía con disciplinas como a arte ou o deseño.

“Actualmente estamos a vivir cambios importantes, pero ata o de agora os personaxes femininos das novelas, as películas ou as series infantís existían normalmente en relación a unha figura masculina e as súas vidas carecían de soños ou ambicións propias. Iso dificulta que as nenas se identifiquen con roles fortes e, aos poucos, o seu imaxinario énchese de opcións que as sitúan en segundo plano. É importante ver que as mulleres estiveron implicadas coas matemáticas, a ciencia, a enxeñería ou a programación desde sempre. É necesario coñecer mulleres actuais que loitaron polos seus soños porque iso anima ás nenas para facer o mesmo e a non deixarse arroiar polos soños doutros ou a non perder a confianza en si mesmas”, destaca Lapuente.

O primeiro webinarMonserrat tamén é a directora da Escola de Enxeñeiros de Camiños de Granada, a primeira muller tamén en ostentar ese cargo en España; e este ano recibiu a Medalla de Andalucía ao Mérito Ambiental, un recoñecemento que non recaeu con anterioridade en ningún outro profesional da enxeñería.

“Espertar científico” en tempos de Covid

Aquae STEM, que se puxo en marcha a finais de 2019, pechou a anterior edición coa participación de 2.500 nenas de 2º a 4º Primaria, ás que se sumarán as alumnas de 5º durante este novo curso, ademais de novos colexios que se adheriron ao programa.

A chegada do coronavirus non interrompeu o desenvolvemento de Aquae STEM, que continuou formando con sesións online, tanto ás nenas, que durante o confinamento levaron a cabo a 3ª fase deste proxecto desde os seus domicilios (retos online baseados en atopar solucións sostibles a desafíos vinculados á auga utilizando unha linguaxe de programación); como aos docentes involucrados.

O obxectivo é espertar vocacións entre as nenas nun sector con baixa presenza feminina: só o 28% da investigación científica en todo o mundo leva nome de muller, segundo a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). Segundo o informe ‘Descifrar as claves: a educación das mulleres e as nenas en materia de STEM’, que este organismo publicou en 2019, unicamente o 35% dos estudantes matriculados en carreiras STEM na educación superior son mulleres.

“A discriminación por xénero empeza desde que nacemos. Os prexuízos sociais que arrastramos lévannos a esperar que as nenas sexan tranquilas, non falen alto, non se ensucien, non corran... Pero as ansias de aprender non son tranquilas, a autoconfianza fai que queiras falar alto, as cousas máis interesantes ensucian e se queres facer cousas importantes corres a alcanzalas. Eses prexuízos mantéñense ata a idade adulta e as mulleres que queren dirixir equipos teñen que pelexar moito máis que os seus compañeiros homes. Evidentemente, iso non axuda, pero tampouco axuda a publicidade, moitas tradicións e os dobres discursos. Creo que a transformación virá de micro e macro cambios. Así que empezar pola educación paréceme moi boa idea para a partir de aí, ir expandindo o cambio”, subliña a condutora dos webinars de Aquae STEM.

Máis información: https://www.fundacionaquae.org/vuelve-aquae-stem/