O talento novo do noso país ten unha nova cita co concurso de relato curto de Coca-Cola, pero nesta ocasión, a páxina en branco á que se enfrontarán estará nas súas pantallas. Por primeira vez nos 12 anos do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral de Política Lingüística, Coca-Cola vai dixitalizar a nova edición do certame para reforzar o seu compromiso cos mozos, nun momento delicado no que moitos se cuestionan que oportunidades depararalles o futuro.

Durante os seus 12 anos de vida, Coca-Cola sempre adaptou o seu concurso de relato curto aos momentos históricos e vivencias de cada xeración de mozas e mozos.

O momento actual non é excepción e por iso a dixitalización íntegra do certame, desde o proceso de inscrición, as galas de gañadores ou unha nova web, teñen como obxectivo facilitar a participación á xeración de mozas e mozos actual e ofrecerlles a oportunidade de desenvolver o seu talento e estimular a súa imaxinación, como xa fixeron xeracións anteriores.

Ademais, Coca-Cola quere recoñecer unha vez máis o gran labor que fan os profesores deste país, aliados emblemáticos e indispensables do certame. Estes xogaron un papel clave no concurso de mozas e mozos e Coca-Cola vai continuar traballando na súa formación didáctica dixital.

"Unha edición máis inclusiva e colaborativa"

O disparo de saída da 12 edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto xa se produciu coa apertura de inscricións este 11 de novembro na web da Fundación Coca-Cola. O proceso permanecerá aberto ata o mes de febreiro.

Este ano, Coca-Cola daralles a oportunidade de participar aos mozos e mozas que non puideron facelo o ano anterior, convócanse así os mozos e mozas de 2.º e 3.º de ESO. Estes aceptarán o reto de crear un relato en dúas horas, sen limitación de temáticas e estilo, en calquera das linguas oficiais do estado, a partir dun estímulo creativo.

Como se elixe este estímulo creativo? Nunha primeira fase, os profesores estimularán a creatividade dos seus alumnos de 2.º e 3.º de ESO para enviar os seus relatos colectivos describindo a un personaxe en 300 palabras, realizados cos seus compañeiros de clase. Destes relatos, un comité experto elixirá a proposta que se converterá no estímulo creativo ao que os participantes de toda España se enfrontarán de maneira individual nas probas escritas do mes de marzo.

Novidades na mecánica do certame

No mes de xaneiro os profesores serán os protagonistas do programa Aulas Dixitais, unha adaptación das 'Xornadas Literarias para Profesores', nas que se realizarán sesións formativas didácticas virtuais e con autores de renome como convidados.

No mes de xuño coñeceremos o gañador ou gañadora e como premio, gozarán da Experiencia Coca-Cola, que xunta diversión, creatividade e literatura.

Así, Coca-Cola en España reforza o seu compromiso coa comunidade educativa e quere brindarlles aos seus mellores prescritores uns talleres profesionalmente estimulantes e enriquecedores en agradecemento ao seu continúo labor realizado cos mozos e mozas españois.

Desde a primeira edición do certame no 2007 á última no 2019, miles de mozos e mozas participantes compartiron nos seus relatos, vivencias, soños, medos ou esperanzas, como Ainhoa Trillo Atán do CPR Manuela Rial Mouzo de Cee que resulto gañadora autónoma da pasada edición.

Nesta edición, espera con ilusión ao outro lado da pantalla para escoitar as historias dunha nova xeración de mozas e mozos.

Para máis información