Viaqua lanza unha campaña para concienciar aos galegos e galegas sobre os graves danos que ocasiona tirar polo retrete produtos non degradables.

No marco da Semana Europea de Prevención de Residuos, a empresa presenta esta iniciativa que centrará a súa difusión en canles dixitais e no seu perfil de twitter @VIAQUA, a través dun anuncio e diversos recursos gráficos, a cal pretende facer consciente á poboación non só do custo económico dos problemas derivados do uso do váter como papeleira senón tamén dos ambientais, xa que eses residuos poden acabar chegando aos ríos e mares, entrando na cadea alimenticia da que todos formamos parte. Por iso, a empresa fai un chamamento á poboación que bote as toalliñas, compresas, bastonciños dos oídos, máscaras e demais produtos non degradables sempre ao lixo.

A popularización de diversos artigos desbotables de hixiene persoal, como as toalliñas, os bastonciños, os tampóns, as máscaras ou as compresas revelaron un problema ao que a diario se enfrontan cidades e servizos de limpeza de todo o mundo. E é que unha porcentaxe apreciable da cidadanía desfáise deste tipo de artigos empregando o inodoro, o que acaba ocasionando problemas de diverso tipo.

Por unha banda, a rede de sumidoiros e depuración das cidades e municipios sofren constantes atascos, dado que este tipo de artigos non están deseñados para desfacerse en contacto coa auga. Devanditos atascos derivan tanto nun detrimento do servizo como no aumento dos custos de mantemento da rede. É un problema que, segundo sinala AEAS (Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamentos), xera un sobrecusto total superior a 230 millóns no noso país.

Esta campaña, contrasta a magnitude do dano xerado por este tipo de artigos desbotables cos diminutivos que utilizamos habitualmente para denominalos. Falamos de “toalliñas” ou “bastonciños”, pero poucas veces somos conscientes do impacto que pode ter o seu mal uso. Problemas que están moi lonxe de ser pequenos.