No campo, pero tamén na industria e nos servizos. Non hai actividade da cadea de valor económica galega na que non se sintan ás consecuencias do encarecemento dos prezos da enerxía. Aforrar, pero tamén coidar do ben máis prezado que temos, a nosa terra, o medio no que vivimos, está a levar a cada vez máis empresas da comunidade a apostar por solucións de autoconsumo que contribúan ao coidado do planeta e á loita polo clima. 

Sabe o noso sector privado que, nos tempos nos que vivimos, non haberá liderado nin futuro sin unha aposta decidida pola sostibilidade; e para mostra o coñecido como Dow Jones Sustainability Index (DJSI). O índice internacional de referencia que avalía en termos de sostibilidade ás maiores empresas do planeta acaba de ascender á primeira posición do seu ranking de bancos á entidade española BBVA. 

“A sostibilidade é unha das nosas prioridades estratéxicas. Agora, o Dow Jones Sustainability Index recoñece o noso liderado e anímanos a seguir traballando para acompañar aos nosos clientes a un futuro máis sostible e inclusivo”, celebra Javier Rodríguez Soler, responsable global de Sostibilidade de BBVA, onde contan cunha gama de produtos e servizos dirixidos a facilitar aos seus clientes galegos reducir o consumo de enerxía, ademais de financiar proxectos de renovación e eficiencia enerxética.

O uso de enerxías renovables para autoabastecerse, e así aforrar na factura da luz e o gas, é unha tendencia ao alza que, ademais, coida do medio ambiente. Consciente de todo isto, BBVA facilita aos seus clientes a posibilidade de recibir asesoramento e axuda na xestión e tramitación das subvencións destinadas ao autoconsumo, almacenamento e climatización, así como de facilitar solucións de financiamento. 

Os rentings de eficiencia enerxética, coches eléctricos ou iluminación LED son outros dos servizos que ofrece o banco, que incorpora tamén unha calculadora de pegada de carbono para que as empresas galegas poidan coñecer o seu impacto ambiental, saber canto contaminan e o custo que lles supón, ademais de poder marcar obxectivos de aforro, comparar gráficas e acceder a ideas para optimizar o consumo. 

En 2021, o banco canalizou 35.400 millóns de euros en finanzas sostibles, un 72% máis que en 2020, e sumou 86.000 millóns desde que anunciou a súa aposta polo financiamento sostible en 2018. El mesmo se erixe coma un exemplo das vantaxes do autoconsumo ao lograr que o 79% do consumo de enerxía nas súas instalacións en todo o mundo sexa de orixe renovable.