O sabor da nova normalidade e as altas temperaturas crean o momento perfecto para disfrutar en comunidade dos nosos artistas favoritos.

Dende comezos de verán, os carteis dos festivais estivais non deixaron de ampliarse. Partindo dos clásicos de sempre, coma o Resurrection Fest de Viveiro (un referente internacional da música metal) ou O Son do Camiño (que leva anos achegando ao Monte do Gozo artistas de proxeción internacional, como Rosalía, Nathy Peluso e, previo a Eurovisión, Maneskin) súmaselles algúns de menor recorrido pero que, con unhas poucas edicións xa se gañaron o favor do público (coma o TerraCeo de Vigo, que conta cunha localización de excepción).

Un público desexoso tamén dos clásicos concertos do auditorio de Castrelos en Vigo. Logo de dous anos de pandemia e aforos reducidos, tapabocas e distancias, por fin regresa á normalidade o “mellor auditorio ao aire libre do mundo”, e o fai cun éxito arrollador, reunindo a 70.000 persoas bailando “con tacones rojos” a Sebastián Yatra, ou, no próximo mes de agosto, co internacional Sting.

O Morriña Fest (15 e 16 de xullo) en A Coruña contou con actuacións coma a de Maluma, Black Eyed Peas, Crystal Fighters ou Lola índigo. Rigoberta Bandini deixouse caer polo Vive Nigrán xunto a Cariño ou Iván Ferreiro (15 e 16 de xullo). E no Latitudes de Vigo actuarán Iggy Pop, Two Door Cinema Club ou The Vaccines (19 e 20 de agosto).

Un momento da actuación de C. Tangana en O Son do Camiño Álvaro Ballesteros - Europa Pres

Concertos do Xacobeo: de Rosalía a C.Tangana

Para celebrar o ano Xacobeo non podía faltar unha programación musical acorde á magnitude do evento, e baixo o título de “Concertos do Xacobeo” e “Concertos Ciclo Xacobeo”, máis de 45 cidades galegas acollerán case 70 concertos e festivais entre os meses de maio e novembro.

Artistas locais e internacionais conforman un cartel con concertos tan esperados coma os de Muse, Imagine Dragons, Simple Minds, Marc Anthony, C. Tangana ou Rosalía.

Estes dous últimos actuarán en Vigo e A Coruña respectivamente. O próximo venres 29 de xullo, o Motomami Tour chega ao Coliseum coruñés; mentres que o Muelle de Transatlánticos de Vigo servirá de escenario para Sin cantar ni afinar de C Tangana, o martes 23 de agosto, que agotou as entradas en cuestión de segundos cando se abriron ao público a semana pasada.

O escenario do Morriña Fest, no estadio de Riazor en A Coruña VICTOR ECHAVE

O que está por chegar

Aínda queda moito verán, e os Concertos do Xacobeo programan citas ata novembro.

Esta semana, A Coruña recibe a Simple Minds - o mércores 27, mesmo día que M-Clan visita Redondela -. 

Se nos adentramos en agosto, Luis Fonsi visita A Coruña o día 15, mentres que Hombres G pasan por Lugo. O 26 de agosto Coque Malla estará en Narón, Rozalén en Ferrol e Placebo en Ourense, e ata o 28 de agosto celébrase o Festival Sanxenxo Xacobeo, con caras aínda por confirmar.

Probablemente unha das citas máis esperadas sitúanos xa en setembro, co concerto de Muse en Vigo o día 8.

Podes consultar estas e todas as fechas dos case setenta Concertos do Xacobeo na súa páxina web. E que a música non pare!

O GRAN ÉXITO DOS FESTIVAIS EN GALICIA

Cada ano, o cartel de festivais é máis amplo, e galegos e galegas temos a sorte de poder escoller segundo os nosos gustos musicais ao tempo que disfrutamos de localizacións de luxo.

Xa a finais de xullo e con algúns dos clásicos xa finalizados, podemos comezar a calcular o éxito e protagonismo que tivo a música este 2022: O Resurrection Fest de Viveiro superou as 140.000 persoas, na edición máis grande da súa historia. Máis de 42.000 persoas cada día visitaron, segundo o propio festival, o Monte do Gozo durante os tres días de celebración de O Son do Camiño.

O festival de Ortigueira, para os que disfrutan da música tradicional, tamén reuniu a máis de 100.000 visitantes. Pola súa banda, os máis recentes, coma o Morriña Fest de A Coruña cun ambiente urbano e máis moderno, concentrou a máis de 20.000 persoas durante os dous días de festival, mentres que o Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa concentrou a 7.000 fans da música en directo.

Aínda queda o impacto de citas que atopamos máis adiante no calendario, con agosto e incluso setembro no horizonte: o Reggeaton Beach Festival en Nigrán os días 13 e 14 de agosto, o Latitudes de Vigo os días 19 e 20, ou o Caudal Fest en Lugo do 16 ao 18 de setembro.