Carnaval 2023 en Galicia | Mellores receitas para o Entroido

Os mellores ingredientes do entroido? En Gadis!

O carnaval é unha auténtica posta de largo da nosa riqueza gastronómica. Por iso, dende Gadis, festexan esta cita ofrecendo os mellores produtos frescos, cun amplo surtido, para encher as mesas familiares galegas da mellor calidade

A receita para desfrutar do mellor cocido componse de produtos frescos, locais e de temporada, que se poden atopar nos Supermercados Gadis.

A receita para desfrutar do mellor cocido componse de produtos frescos, locais e de temporada, que se poden atopar nos Supermercados Gadis. / Cedida

B.C

Tradición, celebración, gastronomía... O entroido en Galicia é unha cita ineludible e milenaria. Máis aló dos desfiles de disfraces e comparsas, as festas e as peculiaridades de cada lugar, a cociña cobra, como non, unha especial relevancia.

O máis que recoñecido menú de entroido inclúe cocido, filloas e orellas como pratos imprescindibles. Na receita para desfrutar do mellor cocido non poden faltar os grelos, as patacas, os garavanzos e, por suposto, o porco. Todos eles son produtos frescos, locais e de temporada, que se poden atopar nos Supermercados Gadis

E é que o carnaval é unha auténtica posta de largo da nosa riqueza gastronómica. Por iso, dende Gadis, festexan esta cita ofrecendo os mellores produtos frescos, cun amplo surtido, para encher as mesas familiares galegas da mellor calidade.

[object Object]

Trátanse, ademais, de produtos de tempada e de proximidade, procedentes dos provedores locais da cadea de supermercados galega, que actualmente traballa con máis de 1.000, tanto de Galicia como de Castela e León.

A carnicería e a froitería son as seccións de fresco protagonistas, aínda que a panadería dispón tamén dalgúns dos doces típicos, elaborados por panadeiros locais seguindo a tradicional receita. 

Un equipo de profesionais especializados nas diferentes seccións está a disposición dos clientes para brindar un servizo personalizado e próximo, ofrecendo asesoramento e consellos sobre a mellor forma de preparar os alimentos, combinalos, ou compralos. 

Que leva un bo cocido galego?

  • Cunha ampla variedade e diversidade, nas carnicerías de Gadis atópanse todos os produtos necesarios para elaborar un bo cocido: lacón, chourizos, costela, cachucha, orella, polo, botelo... e por suposto, o touciño
  • Nas froiterías pódense comprar as verduras que se precisan para o prato estrela da temporada: grelos ou, no seu caso, verzas, repolo, nabizas... E tamén as patacas, os garavanzos e as fabas.
  • E, na panadería, contan con orellas e outras sobremesas típicas de diferentes zonas, como a bica ou as rosquillas, entre outras. Ademais, todo o que se precisa para elaborar os doces de entroido na casa, como fariña, anís, azucre, lavadura, ovos, manteiga... contan cunha sección específica e sinalizada nos supermercados durante esta época do ano. 
  • E de acompañante? Por suposto os mellores viños de todas as denominacións de orixe galegas (Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei e Rías Baixas) e os nosos licores galegos (licor café, crema, licor de herbas...). 

O entroido reúne todos os ingredientes para unha celebración do máis completa: calidade, sostibilidade, posta en valor das nosas costumes e raíces... E moita festa! En definitiva, unha das mellores citas do ano. E é que o entroido é patrimonio e riqueza para Galicia.