Que un dos grandes poetas españois de todos os tempos visitou Santiago de Compostela en ata tres ocasións; que plasmou a súa fascinación por esta terra nun libro: 'Seis poemas galegos' (1935); e que da praza da Quintana dixo “quedaríame a vivir nela para sempre” é algo que non todo o mundo sabe, pero do que si ten coñecemento o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón grazas ó seu traballo para Escola en Camiño

A través desta presentación escolar que combina audio, vídeo e imaxe, tamén nos contan, por exemplo, que a ruta Xacobea da Ría Muros - Noia é unha das máis recentes, que consta de once etapas e que nos permite facer ata 90 millas por mar; mostran a diferenza entre a Compostela e o Certificado do camiño; ou recordan aquilo que xa dicía Gandhi: “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. E qué mellor, engaden, que o noso Camiño e o noso mar para derribar fronteiras e gozar con novas culturas e novas linguas. 

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados.

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados. Cedida

“Non hai viaxe sen aprendizaxe”

Si, nos coles galegos teñen claro que non hai viaxe sen aprendizaxe e pode que, precisamente por iso, Camiño e Escola mariden tan ben. Moitos non o tiveron que pensar nin dúas veces á hora de anotarse ó novo proxecto de La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo e, grazas a eles, Escola en Camiño bota a andar agora con moi boa acollida e inda mellores traballos coma ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, do que xa se pode gozar na páxina web do proxecto.

Un percorrido a través da ruta Xacobea da Ría Muros - Noia, no que os escolares relacionan Camiño, mar e paz da man de inmellorables aliados coma Mahatma Gandhi, Isaac Newton ou Federico García Lorca, entre outros. 

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados. Cedida

De agora en diante, ¡os xoves son día de Escola en Camiño!

Pequenos historiadores, xornalistas, científicos, enxeñeiros e moito máis cos que todos imos poder coñecer de cerca e dun xeito distinto ó gran embaixador de Galicia no mundo: O Camiño de Santiago.

As mellores achegas serán protagonistas do xornal cada quince días

Sen máis tardanza e xa a partir do próximo xoves, 10 de febreiro, con periodicidade quincenal, o xornal publicará unha páxina coas mellores achegas que fagan chegar os coles galegos para o proxecto. Unha inmellorable oportunidade á hora de coñecer as rutas Xacobeas coma nunca antes, a través dos ollos dos máis creativos da casa: os nosos pequenos. 

Posto en marcha en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e dirixido aos centros educativos de Galicia, Escola en Camiño inicia xa deste xeito a súa andadura con boa marcha e a certeza de que a educación é o alicerce do futuro ¿O obxectivo? Divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño. 

A iniciativa busca divulgar a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño entre as xeracións máis novas Xunta de Galicia/ PIM

Podcast, vídeos, presentacións, entrevistas, reportaxes, debuxos… Todos os formatos están admitidos á hora de indagar nun sentido amplo sobre a historia dunha das maiores xoias do noso patrimonio. 

Esta é a primeira edición de Escola en Camiño e permanecerá en marcha ata abril do 2022. Os mellores traballos serán galardoados nunha gala no Museo do Mar de Vigo e incluiranse tamén no xornal “Escola en Camiño, un exemplar que se distribuirá tanto nos centros educativos participantes como encartado con La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo. A iniciativa inclúe ademais charlas nos centros para reforzar o proxecto e contribuír á formación dos docentes.

Os coles galegos recorren a esencia e a historia da xoia do noso patrimonio

Escola en Camiño é un proxecto de La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño de Santiago.

A educación é o alicerce do futuro. Un futuro no que non se debe perder a identidade propia nin os valores máis universais. E non hai nada máis universal que derrubar muros nin máis identitario que o Camiño de Santiago.

Con esta idea coma premisa principal xorde Escola en Camiño. A andaina de esta primeira edición permanecerá en marcha ata abril do 2022 e contará cunha gala de entrega de premios no Museo do Mar de Vigo. A maiores, elaborarase tamén o xornal “Escola en Camiño” cos mellores traballos, un exemplar que se distribuirá tanto nos centros educativos participantes como encartado con La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo. A partir do próximo xoves e con periodicidade quincenal, publicarase ademais unha páxina no xornal coas mellores aportacións dese período.