Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Todo canto pode pasar comeza aquí

» Un castro, un carballo e un camiño, ás veces non se precisa máis

Todo canto pode pasar comeza aquí

Todo canto pode pasar comeza aquí

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

M.B

Ver onde acaba o Camiño, visitar Santiago. É o que está desexando facer o alumnado do CEIP de Seixo despois de pasalo en grande durante a Gala de entrega de premios da II Edición de Escola en Camiño, onde o debuxo de Olivia Sanjorge Davila colleitou un dos dous premios que se levou o seu centro no marco do certame. 

Unha cita celebrada na Estación Marítima de Vigo na que, cóntanos Cayetano Tamaño, director do colexio e tamén o acompañante da clase en tan esperado evento, tiveron a sorte de ver atracar nada máis e nada menos que a un transatlántico: “Estaban flipando”. 

Un premio máis que merecido ao traballo durante o curso pasado no que, a través da plataforma E-Dixgal, puideron investigar e recompilar información sobre o Camiño de Santiago para despois plasmalo nos seus debuxos. 

Ademais de nas titorías da hora de Plástica e Debuxo, tamén se achegaron a este tema noutras materias e contextos como en educación para a saúde e o benestar, no marco do plan do centro, e onde compararon tramos do Camiño con andainas protagonizadas na contorna por eles mesmos. 

Entre o resultado, destaca o fermosísimo debuxo cheo de cor e suxerintes ideas no que, ao pé dun castro e un carballo, unha moza prepárase para iniciar o Camiño: Cantas aventuras imos vivir a partir desta imaxe?Olivia fai voar a nosa imaxinación nunha obra encantadora e merecedora do premio da súa categoría para 5 º e 6º de Primaria. Agora, a gozar da excursión a Santiago. Xa nos contaredes!

Tracking Pixel Contents