A Catedral de Santiago, un camiño en si mesmo
» Benvidos á viaxe plástica de Sandra Alonso e Isabella Martínez ata a gran xoia do patrimonio galego!

A Catedral de Santiago, un camiño en si mesmo
M.B
Sabiades que a construción da Catedral de Santiago foi todo un Camiño en si mesmo? E dos longos! Comezou nin máis nin menos que na Idade Media e foi introducindo sucesivos cambios ata o Barroco.
Así llo contou Belén Alonso Vila, profesora de Debuxo do IES Valadares, ao seu alumnado para introducir o certame de Escola en Camiño, unha proposta que serviu para coñecer de preto unha das xoias máis importantes da comunidade e unha monumental aposta da cidade de Santiago, Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.
Con este contexto, non é estraño que Sandra Alonso e Isabella Martínez atinasen de tal xeito á hora de reflectir a Catedral de Santiago nos seus respectivos debuxos que o xurado non dubidara en premialas na súa categoría.
Dúas obras artísticas para as que cada unha inspirouse nas súas propias experiencias, como no caso de Sandra, que se basea en memorias familiares para contarnos a ruta francesa e amosarnos, con gran destreza, que todos os Camiños levan a Santiago si, pero aínda máis, á fachada da súa catedral.
Ou no de Isabella, onde son os símbolos Xacobeos máis recoñecibles coma o caxato, a cuncha de vieira ou a frecha amarela os que nos conducen nunha fermosa viaxe plástica ata o maior de emblema de Santiago.
“No centro, traballamos moitos contidos relacionados con Santiago, coa arte e a arquitectura. Por suposto que o Camiño da moito de si como motivo artístico”, responde a mestra das dúas alumnas gañadoras, que conta que, ademais de na integridade monumental da capital de Galicia, moitos alumnos decidiron tamén amosar “o propio devir da peregrinaxe, os valores, o sentido máis espiritual de facer un Camiño...”.
Unha proposta perfecta para traballar de forma plástica e mesmo máis interdisciplinar coma pode ser a través dos cómics e na que, relata Belén Alonso Vila, implicáronse todos os alumnos de todos os cursos de 1º de Secundaria do centro escolar.
- Deportivo - Real Madrid: Horario y dónde ver en TV y online el Trofeo Teresa Herrera
- Incertidumbre sobre el estado del cielo en A Coruña por el eclipse: la Aemet pronostica sol, pero MeteoGalicia duda
- Cambio de enfoque en la lucha del Ayuntamiento de A Coruña contra el cambio climático: abandona la Oficina y el plan estratégico por un 'enfoque integral
- El director de Seguridad Ciudadana de A Coruña, Carlos Touriñán, ante el eclipse: 'El dispositivo está preparado para 250.000 personas
- Evacuada en helicóptero una mujer en la playa de Mera, en Oleiros, ante cientos de bañistas
- Adiós a uno de los bares míticos de A Coruña: Monte Alto se queda sin sus callos en 'lanchiña' y con palillo
- Eclipse en A Coruña: estos son los puntos de observación donde se reforzará la seguridad y la movilidad en la provincia
- La guía definitiva para ver el eclipse solar en A Coruña: recomendaciones, uso de las gafas y zonas a las que no se puede ir