Contar Galicia a través do Camiño e vice-versa
» Irene Signo venceu con ‘Miña terra, meu Camiño’, unha andaina visual chea de identidade

Contar Galicia a través do Camiño e vice-versa
M.B
Cantas cousas a través das que Galicia se conta a si mesma nolas conta tamén o Camiño de Santiago e vice-versa!
Hórreos, cruceiros, bailes, muñeiras… sucédense nas rutas Xacobeas a medida que nos imos aproximando á Catedral de Santiago, día tras días a través de campos, montes e estradas; noite tras noite, ao abrigo dos albergues.
Deste xeito e con moito tino reflectiuno Irene Signo Iglesias, alumna do IES Chapela nun debuxo empedrado das cores dos seus rotuladores e que ben lle valeu un dos premios repartidos polo xurado do concurso na categoría de Debuxo para 3º e 4º da ESO.
“Algo moi noso”
Un traballo que o centro propuxo de forma totalmente voluntaria, segundo nos conta Emilia Fernández, profesora de Plástica no IES.
“Houbo unha charla na que falamos tanto do Camiño de Santiago e as súas etapas como do certame en si mesmo, pero as instrucións foron xerais e tiveron moita liberdade para elixir tanto a técnica coma o tema e, neste caso, Irene é unha alumna moi aplicada, e xa ves que o elaborou moi ben”, di a mestra e o xurado de Escola en Camiño da boa conta das dúas palabras cun galardón máis que merecido para esta proposta.
Relata tamén Fernández que, durante a charla, fíxose, claro, especial fincapé nas cousas máis representativas do Camiño de Santiago e que, ante todo insistiron na idea das rutas Xacobeas como “algo moi noso, moi propio, que chama a atención da xente de todo o mundo que se achega ata aquí só para vivir a experiencia”.
“Miña terra, meu Camiño” da deste xeito título a unha obra artística repleta de identidade e amor por Galicia na que, con gran destreza e habilidade, Irene Signo condúcenos a unha fermosa andaina visual por aqueles elementos que debuxan Galicia, e o Camiño, coma poucos. Noraboa, Irene!
- Deportivo - Real Madrid: Horario y dónde ver en TV y online el Trofeo Teresa Herrera
- Incertidumbre sobre el estado del cielo en A Coruña por el eclipse: la Aemet pronostica sol, pero MeteoGalicia duda
- Cambio de enfoque en la lucha del Ayuntamiento de A Coruña contra el cambio climático: abandona la Oficina y el plan estratégico por un 'enfoque integral
- El director de Seguridad Ciudadana de A Coruña, Carlos Touriñán, ante el eclipse: 'El dispositivo está preparado para 250.000 personas
- Evacuada en helicóptero una mujer en la playa de Mera, en Oleiros, ante cientos de bañistas
- Adiós a uno de los bares míticos de A Coruña: Monte Alto se queda sin sus callos en 'lanchiña' y con palillo
- Eclipse en A Coruña: estos son los puntos de observación donde se reforzará la seguridad y la movilidad en la provincia
- La guía definitiva para ver el eclipse solar en A Coruña: recomendaciones, uso de las gafas y zonas a las que no se puede ir