“Inspiración en todos os sentidos”
» Paula Gómez abraiou ao xurado cunha proposta quen de contar, ao mesmo tempo, o vivido e o que está por vivir

“Inspiración en todos os sentidos”
M.B
A lapis e en branco e negro, Paula Gómez Trigo, alumna do CPI Plurilingüe Alfonso VII déixanos aos seus 14 anos sen fala cun fermoso momento no que, chegado ao faro de Fisterra, un peregrino goza do seu merecido descanso tras acadar Compostela e seguir máis alá, ata a mesmísima fin do mundo.
Descalzo, fronte ao mar, sentado ao pé do Quilometro Cero e escoltado polo caxato e a vieira, acaricia os seus pés, os mesmos que o levaron ata alí e protagonistas sen dúbida das tantas aventuras vividas que lle imaxinamos da man da autora desta gran peza artística.
“Contar o final do Camiño é falar, ao mesmo tempo, do resume de todo o acontecido, de todo o esforzo e a evolución do protagonista; pero tamén do que pode vir despois. Foi de Paula de quen saíu a proposta e a min pareceume moi interesante”, relata Cesar Tejada, profesor de Plástica no centro e para quen supón un auténtico luxo contar cun percorrido coma este en Galicia, nas súas palabras: “unha inspiración en todos os sentidos: persoal, artístico, espiritual…”.
Precisamente por este motivo, propuxo á clase facer un debuxo con esta temática e presentalo á segunda edición do certame de Escola en Camiño, no que finalmente venceu Paula Gómez: “É unha alumna con moitas inquietudes artísticas e moita man. E mira que no derradeiro momento tivo problemas para entregalo, pero o importante é que foi quen de superalas e presentalo. Despois, a sorpresa foi gañar, o que seguro que lle vai motivar moito tamén a partir de agora”.
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- Eddahchouri, rescatado tras caer anoche a las rocas en el paseo marítimo de A Coruña
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Activada para este domingo la alerta por lluvias en A Coruña y Lugo