Este traballo de investigación foi realizado polos alumnos/as de quinto de primaria do Colexio Plurilingüe CEIP García Barbón. Para desenvolvelo investigamos unha das rutas do Camiño de Santiago e tratamos de relacionalo con todo aquilo que estamos aprendendo nas diferentes materias escolares. O 30 de xaneiro se celebra nos centros educativos o día da educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos e a non- violencia e a paz. Pensamos que este día no que se conmemora a morte do líder pacifista Gandhi era perfecto para iniciar o capítulo primeiro do noso percorrido a través do Camiño de Santiago. O camino de Santiago desempeña desde a Idade Media un papel moi importante no desenvolvemento das diferentes culturas, os movementos culturais e artísticos (catedrais, as cantigas…) pero tamén foi e segue a ser unha demostración de solidariedade. Unha ruta con máis de XII séculos de historia. Esperamos que disfrutedes desta andaina.

CAPÍTULO PRIMEIRO: O CAMIÑO DE SANTIAGO DA RÍA MUROS-NOIA

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camino”

Mathatma Gandi

Esta ruta xacobea é unha das máis recentes. Foi recoñecida oficialmente como ruta xacobea en decembro de 2020.

Mentres que o Camiño Inglés ven polo norte, o Camino Portugués polo sur e o Camiño Francés polo leste, esta nova ruta xacobea ven do oeste da costa galega percorrendo distintos lugares situados ao longo da ría de Muros – Noia para despois chegar a Santiago.

Esta ruta consta dun total de 11 etapas que van desde a localiadade de Muros ata Santiago de Compostela:

  • Etapa 1: Muros - Esteiro (14 km)
  • Etapa 2: Esteiro - Cruceiro de Roo (8,5 km)
  • Etapa 3: Cruceiro Roo - Serra de Outes (3,5 km)
  • Etapa 4: Serra de Outes - Porto do Son (14,8 km)
  • Etapa 5: Porto do Son - Portosín (8 km)
  • Etapa 6: Portosín – Noia (7,7 km)
  • Etapa 7: Noia – San Xusto (8.9 km)
  • Etapa 8: San Xusto – Urdilde (9,3 km)
  • Etapa 9: Urdilde – Alqueidón (5,5 km)
  • Etapa 10: Alqueidón – Bertamiráns (2,7 km)
  • Etapa 11: Bertamiráns – Santiago de Compostela (12,9 km)

QUEDARÍAME A VIVIR PARA SEMPRE

En case todos os contos a viaxe é parte importante da historia. Neste capítulo queremos contarvos o amor de un dos poetas españois máis importantes por Galiza.

Federico Garcia Lorca viaxou a Santiago en tres ocasións . A primeira, en 1916 cando tiña 18 anos. En 1932 estivo en A Coruña dando unha conferencia e, meses máis tarde, voltou coa compañía de teatro universitario La Barraca nunha xira na que percorreu Galicia.

O libro “Seis poemas galegos” foi publicado en 1935 nel , Lorca plasmou a súa fascinación por Galicia tras esas viaxes. Desa edición só se imprimiron 200 exemplares. A maioría deles arderon durante o asalto á imprenta NÓS en 1938. A biblioteca Barrié de la Maza conservou algunha copia. Segundo Lorca un dos feitos que máis o marcaran na súa vida foi a actuación co grupo “La Barraca” na Praza da Quintana de Santiago. Unha praza na que o poeta dixo “Me quedaría a vivir para siempre”.

Deixámosvos estes enlaces para que disfrutedes dos poemas musicados por Amancio Prada e Luar na Lubre.

O CAMIÑO DE PEDRA

Monumentos máis salientables:

  • Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.
  • Igrexa de San Martiño de Noia.
  • Igrexa de San Pedro de Muros.
  • Igrexa de San Sadurniño de Goiáns.
  • Capilla da Atalaia en Porto do Son.
  • Ermita de Nosa Señora de Loreto.

Ponte de Nafonso erixese sobre o río Tambre unindo os axuntamentos de Outes e Noia.

Ponte de Nafonso

“Os homes construimos moitos muros pero poucas pontes”

Con esta frase de Newton queremos animarvos a visitar a través destas páxinas o camiño de Santiago.

A conexión coa natureza, coñecer novos lugares, monumentos antes descoñecidos, activar o noso corpo estas son algunhas das ventaxas de facer o camino.

A través desta andaina poderemos atoparnos con diferentes culturas e diferentes linguas, monumentos antes descoñecidos e fomentar o compañerismo para trazar esas pontes que nos permitan descubrir que a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos e a non-violencia é o mellor camiño para a paz.

Camiñante non hai camino, faise camiño ao andar

Rematamos chegando a Santiago e, para aqueles que o desexen poden obter o certificado que vos acreditará ao caminante como pelegrino, a Compostela.

Para obter este certificado é preciso ter percorrido un mínimo de 100 km a pé ou a cabalo e 200 en bicicleta.

Para aqueles que fan o camiño por motivos diferentes aos relixioso non reciben a Compostela pero si unha Certificación do Peregrino.

certificacion

Ver este traballo en Prezi pinchando na seguinte ligazón.