Entrevista creativa a "personaxes esquecidos" pero fundamentais para o éxito das peregrinacións actuais feita polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP "A Carballeira"

Bota Camiñante e Gorra do Sol no albergue de peregrinos, en Pontevedra, para coñecer de primeira man a problemática que lles levou a fundar a AEC.

Por que crean vostedes a Asociación de Esquecidos do Camiño?

Porque non estamos valoradoscontesta Pé, presidente da AEC. Estannos a ignorar, ninguén se acorda de nós: Nin as administracións a través do Xacobeo, nin os medios de comunicación nin a sociedade en xeral. Sen nós o Camiño de Santiago tería morto, sería imposible, pero a pesares diso toda a atención a levan outros/as: os albergues, as compostelas, a propia catedral... engade Bota. De todas as entrevistas ou reportaxes que se fan diariamente ningú está dedicada a nós, non nos agradecen nada, por iso cremos que somos os esquecidos do Camiño. Somos importantes. Sen min di Gorrao sol daríache na cabeza e na cara. Sen Bota mollariades a Pé e teriades moito frío e sen Pé, como camiñades? El leva todo o peso do Camiño enriba e ninguén valora o seu traballo.

"Nunca somos os protagonistas das historia do Camiño"

Que pedides, cales son as vosas reivindicacións?

Que nos presten máis atención nas noticias, nas casas, na administración. di Gorra. Merecemos atención. Nós facemos o traballo para eles, facemos que estean máis cómodos, coidámolos e nunca somos os protagonistas das historias do Camiño. engade Pé. Que nos coiden máis. Non sabes ben todo o que sufrimos no Camiño! E aínda así, esquécense de nós. Teño centos de compañeiras que acaban tiradas polas cunetas, ou penduradas de cables cando os seus donos ou donas rematan a peregrinación. tercia Bota.

Cando e como se vos ocurre fundar aAEC?

Nós os tres xa nos coñeciamos de antes, posto que iamos xuntos na mesma persoa, A idea de fundar a asociación xurdiu unha das noites de descanso no albergue de Pontevedra. Comezamos a falar de como nos sentiamos cada un e da incomprensión que vemos ao noso redor. De aí saiu a idea. contesta Pé

Por que credes que non vos prestan atención?

Non creo que o fagan á mantenta, supoño que non se dan de conta. Ninguén é consciente de que nos precisan para ser peregrinos. Pero como xa dixo Gorra, sen Pé non poderían camiñar, sen ela, queimarían a cabeza e sen min pode enfermar Pé di Bota. Acabades de crear a asociación, pero temos entendido que xa sodes moitos osmembros. Pois non podo dicirche exactamente cantos, pero si é verdade que en canto a creamos comezamos a recibir moitas solicitudes de alta na mesma. di Bota. Máis de cen, seguro. Entre eles algúns tan ou máis importantes e esquecidos/as que nós, como Auga Fresca,Mochila Viaxeira ou Calcetín Gordo comenta Gorra.

"Recibimos moitas solicitudes de alta. Máis de cen, seguro"

Contádenos, cal foi o último camiño que fixestes, a quen lle resultou máis duro...

O último o estamos a facer agora mesmo: O Camiño Portugués, por iso estamos nesta cidade tan bonita. Está sendo duro para todos/as, pero creo que a que máis sufre é Bota, a pobre vai pisando de todoacaba Pé cun medio sorriso

Durante a entrevista Bota manifesta unha das principais reivindicacións da asociación: "que se deixe de abandonar ás miñas colegas en calquera lugar".

É certo que, sobre todo nos últimos anos, é común ver imaxes de Botas abandonadas, sobre todo por peregrinos e peregrinas que rematan o seu camiño en Fisterra.

Por esta razón teñen aberta unha petición en change.org á que animan a todo o mundo a unirse, para solicitar á sociedade que impida estas prácticas. Consideran que non so sairán ganando elas, senón tamén o medio ambiente. Leva aberta so dous días e xa levan recollidas máis de 1000 sinaturas.

Aínda que tamén reciben moitas mostras de apoio a través das súas redes sociais, insisten na necesidade de conseguir cantas sinaturas se poida, para deste xeito acabar con esa práctica que consideran "incivilizada e danosa para o medio ambiente", ademais de "inxusta para as miñas compañeiras, que a pesares da axuda de Calcetín Gordo, que as protexe da suor, teñen un camiño desagradable ".