08 de noviembre de 2019
08.11.2019

"Chegou o momento de dar un pulo en Galicia e rachar con tantos anos de inacción de Feijóo"

07.11.2019 | 22:54

Coa vista posta nas autonómicas, a atomización da esquerda abocaría a reeditar un bipartito ou incluso pactar un tripartito se o PP perdese a maioría absoluta.

Existen distintas forzas políticas, non só na esquerda que é máis habitual, senón tamén no espectro da dereita. Hai que acostumarse a que as sociedades son cada vez máis diversas e plurais e, polo tanto, eso tamén se reflicte na representación parlamentaria.

Segundo as enquisas, o PSdeG sería a segunda forma máis votada.

Os resultados nas eleccións locais, europeas e xerais son palpables. Temos unha oportunidade, temos a capacidade de sumar e de representar á meirande parte dos galegos cun liderazgo forte e cun proxecto recoñecible encabezado polo PSOE. Temos unha oportunidade. E cando se teñen segundas oportunidades é bo non desbotalas e sobre todo transmitir a mensaxe de que chegou o momento en Galicia de que se dea un pulo cara adiante, e ter unha alternativa real a este Feijóo que non sabemos se está en Galicia. Vamos ter a capacidade de aumentar a representación política e asentar un proxecto sólido e rachar con tantos anos de inacción de Feijóo, que ten demostrado que non ten a cabeza posta en Galicia. Da a sensación de que hai tempo lle houbera gustado irse.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook