08 de noviembre de 2019
08.11.2019
ELECCIONES GENERALES 10-N
Pilar Cancela | Candidata do PSOE ao Congreso por A Coruña

Elecciones Generales 2019 | "Que goberne o partido máis votado non sería extrapolable a outras convocatorias"

"Hai que aprender dos erros do bipartito; queremos un goberno que actúe como un só non como dous nun" || "Sería unha traizón formar un executivo a calquera prezo"

07.11.2019 | 22:54
Pilar Cancela, candidata do PSOE ao Congreso pola provincia de A Coruña.

"Cando se teñen segundas oportunidades non se poden desbotar", advirte Pilar Cancela tras recoñecer que non se chegou a un acordo con Podemos porque non había a garantía dun "goberno estable e con unidade de acción". "Dos erros do bipartido hai que aprender. Queremos un goberno que actúe como un só, non como dous nun", proclama a candidata do PSOE ao Congreso por A Coruña. E sobre a proposta de Pedro Sánchez de que goberne o partido máis votado o 10-N, Cancela conclúe que esa demanda "responde a unha situación puntual". "Non o extrapolaría a ningunha outra convocatoria", sostén.

Esta será de novo unha lexislatura abocada a pactos. A aposta do PSOE é formar goberno con Podemos ou intentará un acercamento ao PP?

Hai unha cuestión irrefutable para nós: non imos pactar co Partido Popular. O noso proxecto é absolutamente antitético. Queremos confrontar e incluso derrubar moitas das políticas establecidas polo PP que, con ocasión da crise económica, debilitaron o Estado do Benestar. Esa é a nosa bandeira de traballo político: confrontación ideolóxica e de acción política. A prioridade é chegar a acordos progresistas de esquerda. Non se nos pode cuestionar que non o intentaramos: por enrima da mesa unha Vicepresidencia e tres ministerios non é unha cuestión menor.

Goberno de colaboración ou unha coalición?

Agora non vou vaticinar cal vai ser a fórmula pero existe unha demanda social a favor do progresismo. Hai que sentarse a falar con responsabilidade, antepondo os intereses xerais a calquera cuestión partidaria ou de carácter persoal. Non se trata de gañar ou vencer un sobre outro. Non plantexamos facer un goberno unívoco e único; trátase de facer un goberno que actúe como un só, non como dous gobernos nun.

Está a experiencia do bipartito na Xunta, cun gobernó bicéfalo que non puido repetir.

Foi o mellor goberno que tivo este país nos últimos anos. A impronta do Goberno de Touriño marcou un antes e un despois en Galicia. Tivemos unha oportunidade que soubemos aproveitar, o que non soubemos foi transmitir á ciudadanía todo o que se fixo nese periodo. Dos erros tamén hai que aprender. En política sempre hai oportunidades para repetir os erros, o que hai que facer e non repetilos.

Antes falaba de negociar deixando ao marxe cuestións partidarias ou de carácter persoal. De gañar o PSOE, Pablo Iglesias xa puso unha condición a Sánchez: non aceptará vetos, el quere estar no Executivo.

Se de entrada partes con condicionamentos, e ademais en clave persoal, eso non leva a ningures. É un discurso falaz cando lle trasladan a ciudadanía eso de 'nós non estamos aquí polo sillón, senón pola xente'. Hai que ser consecuente co que se di e co que se fai, e unha cousa contradi a outra.

Buscarán o apoio dos independentistas?

Non pretendemos, nin queremos chegar a ningún acordo nin o imos a facer cos independentistas. Simplemente vamos propoñer un proxecto de país para que España dea un salto cualitativo como ocorreu sempre que gobernou o PSOE. Non é o noso obxectivo asentarnos en partidos que queren separarse de España cando nós defendemos a inclusión de todos respectando a pluralidade dos territorios que a integran.

Dentro do PSOE hai quen cuestiona que por captar o voto de centroesquerda estase olvidando da esquerda.

En absoluto é así. Os resultados amosan que fomos capaces de trasladar propostas de eminentemente contido ideolóxico situado na esqueda e tamén desde a centralidade, que non significa centro político senón capacidade de diálogo e negociación: gobernar para todos. Non se están escapando votos da esquerda. O noso posicionamento non é de escorarnos á dereita.

Pedro Sánchez apelou a deixar gobernar ao partido máis votado. Unha demanda extensible ao resto de comicios?

Hai que contextualizado na situación de bloqueo político a nivel estatal. Esa demanda responde a esa situación puntual; non me atrevería a extrapolalo a ningunha outra convocatoria.

Como cargo público, sinte tamén cabreo e frustración por esta situación de bloqueo?

Había ilusión, unha gran oportunidade por conseguir un gobierno estable. E claro que produce unha decepción non conseguilo. Pero logo dese sentimento primario, razónase. E nun contexto no que había temas trascendentales como o Brexit, Cataluña, a sentencia do procés... había que formar un goberno estable e que durase, con unidade de acción. Sería unha traizón formar un gobierno a calquera prezo.

Non poucos votantes de esquerda cuestionan as incoherencias do Goberno de Sánchez, como por exemplo as présas por exhumar a Franco pero non a retirada de condecoracións a Billy El Niño ou a implicación do Estado na apertura de fosas do franquismo.

O noso plan non era que coincidira nestas datas, pero a familia Franco recurriu e houbo que esperar ás resolucións oportunas que coincidiron neste momento. Non houbo ninguna especulación nin estratexia; foi simplemente unha cuestión de procedemento, plazos e de aplicación do Estado de Dereito. En relación coas outras cuestións, evidentemente quedan moitas cousas por facer e poranse en marcha unha vez que exista un goberno cunha estabilidade e uns anos por diante.

A derogación da reforma laboral, un asunto prioritario no programa de Sánchez, non se levou a cabo.

Non por falta de vontade política, senón porque hai unha realidade numérica de representación parlamentaria que non era suficiente. Había grupos que apoiaron a moción de censura pero que non estaban dacordo con derogar a reforma laboral. Por eso é importante que as forzas progresistas teñamos unha maioría suficiente para afrontar cuestións coma esta.

Dúas infraestrutruras clave: o AVE e a AP-9. Para cando a alta velocidade e o traspaso da Autopista do Atlántico?

Desde Fomento deixouse xa claro o compromiso co cumplimiento dos plazos do AVE. Faime gracia que só se cuestionan cando goberna o Partido Socialista, pero cando goberna o PP, ao señor Feijóo se lle olvida e non pasa nada. Na AP-9, a toma en consideración do acordo parlamentario por unanimidade en Galicia foi ao Congreso porque o PSOE apoiou esa toma en consideración. Non se debateu porque a lexislatura rematou. O fundamental é que se cree a comisión mixta de transferencias Xunta-Estado e se analicen os termos e condicións de como se vai facer. Polo tanto, hai un compromiso inequívoco político, sobre todo para rematar co agravio comparativo que sufre Galicia en relación AP-9 e con respecto a outros territorios.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook