O programa das Festas do Apóstolo 2019 tivo como protagonistas a La M.O.D.A, Xoel López, La Casa Azul que xa actuaron ao longo da semana pasada, na Praza da Quintana. Nomes como Milladoiro, Leilía, Fredi Leis ou Jamila Purofilin e Rey Montesinos tamén se subirán aos escenarios para amenizar case dúas semanas de celebración que arrancaron o pasado venres 19 e que se prolongarán ata o día 31. O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas, Gonzalo Muíños, augurou unhas festas cheas de "estilos diversos", con todos os "concertos gratuítos". O actor Luís Zahera —recentemente premiado co Goya ao mellor actor secundario polo seu traballo en El reino— foi o responsable de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Apóstolo o pasado venres 19 de xullo coa lectura do pregón dende o Pazo de Raxoi.

Por outra banda,este ano mantiveronse dúas "citas importantes": os concertos da Orquestra Filarmónica de Galicia e a Banda Municipal de Música Compostela. Outras tradicións, como o Festival Folk, o Día do Traxe, a exposición de coches de época e as orquestras da Alameda forman parte do plan de festas do Concello. Ademais, a Praza do Toural conta cun Punto Lila disposto para facer acompañamentos e proporcionar información sobre violencia sexual. Está aberto todos os días de 12.00 a 13.30 horas e de 21.00 a 01.00 horas.

Os máis pequenos contarán con espazos infantís nas zonas de San Martiño Pinario, o Parque de Bonaval e o Parque de Belvís. Todo está preparado para que "a xente disfrute". A música galega tamén será protagonista nesta edición. Neste sentido, grupos como Leilía e Milladoiro mostraron a súa "satisfacción" e "ilusión" por estar en Santiago nun día tan especial como o da "patria galega". Unha das integrantes de Leilía, Montse Rivera, admitiu estar "emocionada", xa que as súas cancións serán as representantes da das "voces femininas" e da "riqueza musical galega", xunto con Milladoiro e Budiño.

Na noite grande do Apóstolo actuou La Maravillosa Orquesta del Alcohol (M.O.D.A) para dar paso ao espectáculo multimedia proxectado sobre el Pazo de Raxoi e os fogos de artificio que atraen a un gran número de visitantes. Xa na xornada de hoxe, Día de Santiago Apóstolo y Día de Galicia, a igrexa de San Martín Pinario debido acollerá a misa solemne na honra ao Apóstolo debido ás obras na catedral. Alí haberá representantes das institucións, incluida a Casa Real. As actuacións musicais da noite correrán a cargo de Leilía e Milladoiro. Para os cinco últimos días. As festas despediranse o mércores 31, con varios concertos entre os que destaca o do compostelán Fredi Leis e clausura con fogos de artificio desde o Campus Sur Universitario.