A convocatoria O teu Xacobeo, convocada pola Xunta, contará cun investimento de 4,7 millóns y que permitirá mobilizar case nove millóns de euros este ano e ata abril del 2020 para un total de 352 iniciativas. Así, o programa da Consellería de Cultura e Turismo multiplica o seu investimento desde os dous millóns iniciais. O Goberno galego celebra esta resposta da sociedade, que amosa o interese que xera o Xacobeo 2021.

A primeira edición de O teu Xacobeo cofinanciará, en réxime de concorrencia competitiva, proxectos de dinamización ata 2020. A través desta iniciativa, a Xunta de Galiciabusca fomentar a participación de todos os axentes da sociedade para deseñar unha programación sociocultural que anticipe a celebración do Xacobeo 2021 e a súa repercusión.

Co obxectivo de impulsar o desenvolvemento sustentable do territorio, optan a estas axudas económicas tres tipos de solicitantes: entidades locais (concellos galegos, mancomunidades de concellos, consorcios locais e as deputacións provinciais), entidades privadas (persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens comprendidas na definición de pequena e mediana empresa) e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

O teu Xacobeo abrangue cinco áreas subvencionables: ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.

Na primeira liña de axudas, destinada a proxectos formulados por entidades locais impulsaranse 80 iniciativas cun investimento de case un millón de euros. Estes proxectos permitirán mobilizar recursos locais, fomentarán a innovación e o uso das TIC e farán enfáse promoción de artistas o creadores galegos. A segunda das liñas promoverá 89 propostas por pymes e particulares nas que se investirán 1,5 millóns de euros en proxectos centrados no desenvolvemento rural, o impulso de talento emerxente ou o fomento da igualdade. E a terceira das líneas permitirá que boten a andar 183 propostas de entidades sen ánimo de lucro.