Día de Galicia 2019

A posta a punto dos peregrinos para superar as adversidades

A planificación das etapas e unha preparación física previa son de axuda

25-07-2019Meneame

P.O.C. [A CORUÑA]
A satisfacción persoal que supón facer o Camiño de Santiago pode compensar o gran reto físico e mental que conleva, pero convén estar preparado con anterioridade e seguir unhas pautas antes de botarse á aventura. Se se opta por realizar a ruta a pé débese organizar un plan de etapas previo, tendo en conta que o normal é percorrer entre 25 ou 30 quilómetros por día. Pero para as primeiras xornadas de camiño, é aconsellable programar etapas máis curtas ata que o corpo se habitúe o ritmo co fin de poder facer cada día percorridos máis longos.
Na preparación física será de gran axuda a visita a un especialista antes de iniciar a ruta para un chequeo. Ademais, o médico poderá deseñar unha táboa de exercicios ao aspirante a peregrino para que chegue nas mellores condicións á aventura xacobea.

Estas previsións son sempre orientativas porque as etapas hai que organizalas tamén en función dos albergues onde hospedarse. Non é preciso ter unhas condicións físicas especiais para facer o camiño a pé. Unha boa forma de comprobalo pode ser someterse a un entrenamento antes de comezar a peregrinación a base de camiñatas de distinta duración. Os descansos son moi importantes e o normal é repousar dez minutos cada hora. Nos días de calor hai que evitar camiñar nas horas que quenta máis o sol e botar crema protectora a miúdo. A elección das datas tamén debe ser un factor a analizar, pois a maioría dos peregrinos escollen xullo e agosto para facer o Camiño, polo que adoita haber máis masificación. A época máis apropiada son os meses de primavera ou de outono porque os días aínda son longos e xa non hai que soportar o calor dalgúns días de verán.

Na preparación do equipo hai que ter en conta a bolsa de viaxe . Debe ser cómoda, lixeira, con correas na cintura e no peito e con bolsillos laterais. O seu peso non pode sobrepasar a décima parte do peso da persoa que a porta. Nunca debe faltar na equipaxe é un saco de durmir e unha esterilla para usar nos albergues de peregrinos, algo de comida e un botiquín.