Día de Galicia 2019

Unha aplicación móbil para xeolocalizar aos peregrinos

A Garda Civil reforza con esta iniciativa a seguridade no Camiño de Santiago » Alertcops permite situar, grazas ao satélite, ao peregrino que active a 'app'

25-07-2019Meneame
Axentes de la Guardia Civil vixían un tramo do Camiño Portugués.  // FdV
Axentes de la Guardia Civil vixían un tramo do Camiño Portugués. // FdV

P.O.C. [A CORUÑA] A xeolocalización que calquera pode habilitar no seu teléfono súmase unha aplicación que alerta ás autoridades cando se comete un delito. A Garda Civil reforza a seguridade dos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago coa opción Gardián Benemérito da aplicación para o móbil Alertcops. Esa opción permitirá situar, grazas ao satélite, ao peregrino que a active de forma voluntaria.
A aplicación de seguridade foi posta en marcha polo Ministerio do Interior en 2014. A nova funcionalidade, entre cuxas posibles aplicacións se atopa a de mellorar a seguridade do peregrino, debe ser habilitada de forma voluntaria pola persoa. Permite compartir as 10 últimas posicións –enviadas e rexistradas de maneira automática por Alertcops– cun centro operativo específico de coordinación e seguimento da Garda Civil, que está activo en modo 24 horas, sete días á semana.
A activación desa funcionalidade permite, segundo o Instituto Armado, un seguimento de ruta, o coñecemento do estado da batería e cobertura do dispositivo móbil, así como unha atención rápida e coordinada dos efectivos que están máis próximos á posición. A outra novidade implementada consiste no envío dunha mensaxe informativa a aqueles usuarios da aplicación, co contacto telefónico da Garda Civil (o 062) acompañado de consellos de seguridade para o peregrino. A Garda Civil é a principal forza de seguridade pública ao longo dos case 1.000 quilómetros de trazado da vía francesa do Camiño de Santiago. Nalgunhas rutas, como a da Prata, discorre por zonas fronteirizas con outros países, como é o caso da provincia de Ourense con Portugal.
Outra das aplicacións máis usadas polos camiñantes da ruta xacobea é a Smart Camino, que naceu no ano 2016 para dar una "atención integral" ao peregrino. Desta forma os usuarios poden consultar os servizos que lle oferta a ruta xacobea, a información meteorolóxica diaria ou os recursos patrimoniais presentes no seu recorrido. Ademais, aspira a converterse en nunha rede social na que o camiñante pode compartir as súas experiencias.