
CORRELINGUA 2026 / Casteleiro
Fotos
Centros de ensino da provincia da Coruña festexan o galego na 26ª edición do Correlingua
Máis de 2.300 alumnos camiñaron dende Riazor ata a Torre de Hércules baixo o lema: "Co galego no corazón facemos revolución"
14 Fotos
Casteleiro
A estatua de Breogán, ao pé da Torre de Hércules da Coruña, foi testemuña o 6 de maio dunha xuntanza en prol do máis prezado de Galicia: o idioma. A 26ª edición do Correlingua aglutinou máis de 2.300 almas de colexios e institutos de toda a provincia que loitaron contra a choiva por reivindicar o uso do galego, pancartas e consignas mediante.
Un rebumbio de voces infantís precede o pregón da actriz coruñesa Isabel Risco, quen se dirixiu á cativada como "fillas e fillos de Breogán". "Percorredes dende o estadio de Riazor até aquí, até a Torre de Breogán, para celebrar que somos galegas e galegos, porque temos unha lingua propia. Unha lingua propia que nos coloca no mundo, que nos fai diferentes, que nos fai existentes, que nos fai atractivas e atractivos, porque somos galegas e galegos, tamén grazas ao noso idioma", anunciou, antes de nomear os centros presentes, un por un, recibindo aplausos como resposta. A lectura do manifesto por parte de alumnos do instituto Alfonso X O Sabio (Cambre) foi o preludio para o prato forte: a actuación musical da Mekánika Rolling Band.

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro
CORRELINGUA 2026

Casteleiro