M. G. Alonso.SantiagoManuel Luís Rodríguez salienta a "valiosa" achega da poboación estranxeira á comunidade autónoma galega xa que supón o 3% dos nenos escolarizados nunha rexión marcada polo avellentamento demográfico, e facilita un considerable capital humán que destaca polo autoemprego e por ocupar postos "de difícil cobertura" en Galicia.-No ano 2000 había en Galicia só 25.602 habitantes estranxeiros e esta comunidade incrementouse ata chegar aos 81.023 no presente año. Como valora esta evolución?-A gráfica danos un crecemento bastante lineal e moderadado respecto a outras comunidades autónomas. Somos, prácticamente, das últimas autonomías por presenza de poboación estranxeira, estamos no 1,8 % sobre a poboación galega. O crecemento desta comunidade é bastante sostido e responde ás espectativas de crecemento de emprego e económico de Galicia. Esto reflexa a estabilidade social.-Cales son os países que achegan o maior capital humán?-Sobre todo proceden de Hispanoamérica. E hai que falar ahí das vinculacións incluso familiares coa poboación de países como Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, que son os países que achegan máis poboación estranxeira despois de Portugal. No primeiro caso temos unha vinculación fronteiriza e mesmo do idioma.-Apreciáronse cambios significativos da inmigración coas novas incorporacións á Unión Europea?-A tendencia mantense bastante estable no tempo, aínda que coa entrada de Rumanía na Unión Europea chegaron un número bastante significativo destes cidadáns europeos. O crecemento da inmigración é bastante continuo dende o ano 1999.-Que achega a comunidade foránea a Galicia?-A súa achega é moi importante porque máis da metade dese censo de empadroados estranxeiros están cotizando nos diferentes rexímenes da Seguridade Social, tanto como asalariados como empresarios autónomos. Hai unha tendencia moi importante nos últimos anos de autoemprego mediante pequenas empresas. Polo que a súa presenza é moi valiosa. Primeiro porque temos unha poboación moi envellecida. A nosa pirámide poboacional está absolutamente invertida. E temos 10.500 rapaces estranxeiros escolarizados que supoñen, aproximadamente, o 3% da poboación escolar. Ademais, os estranxeiros están, fundamentalmente, en idade laboral. Se a isto lle engadimos a parte importante que está cotizando e está achegando unha parte do Producto Interior Bruto en sectores de difícil cobertura por xente de aquí, temos un saldo verdaderamente positivo para Galicia.-Eses 10.500 nenos estranxeiros teñen algún reforzo especial na escola?-O sistema educativo galego prevé diferente tipos de atención máis individualizados, como as clases de inmersión lingüística para o dominio do castelán e o galego. Despois hai clases de reforzo para adaptar a idade cronolóxica á académica e homoxeneizar os niveis.-Cales son os sectores económicos con máis man de obra ou empresarios estranxeiros?-O ramo da hostelería, o servicio doméstico, e despois os rexímenes especiais do mar. Son os ámbitos onde traballa a poboación estranxeira máis numerosa. Despois é bastante interesante, como xa dixen, a xeración de autoemprego, sobre todo no comercio e na hostelería.-Estes colectivos amosan interese por aprender galego?-Estamos notando un aumento na petición de cursos de galego, algo que estamos subvencionando. Casi non damos feito para atendelas todas. Hai un interés moi importante e unha gran aceptación. -O Consello Galego da Inmigración aprobou o 17 de xullo a creación dunha Comisión contra o Racismo e a Xenofobia. Son poblemáticas salientables?-Nós consideramos que non é preocupante, pero vén de constituirse a comisión de traballo para o seguemento dos problemas serios que teñamos de racismo e xenofobia. Ahí está representada a Administración galega, os concellos a traveso da Fegamp, os sindicatos, ONG e asociacións de inmigrantes, para acudir o antes posible en caso de que se detecten estes brotes. Afortunadamente a sociedade galega é tolerante porque temos a nosa propia experiencia na emigración. Así e todo, é unha cuestión da que temos que estar sempre vixiantes, por iso se constituiu a comisión.-Apréciase maior desconfianza cara a comunidade musulmana pola escalada do terrorismo integrista?-Nós mantemos relacións, dentro do que cabe, bastante fluídas con representantes das asociacións desta poboación, mayoritariamente de orixe magrebí. Son, fundamentalmente, marroquís. Non houbo queixas nese senso. Pero observamos un cambio da súa actividade. Deixan a venda ambulante e están a facer formación para entrar no mercado laboral. É xente bastantante activa cuns representantes que coñecen ben as claves galegas e están a facer un labor importante para que a comunidade de orixe árabe, fundamentalmente, se vaia integrando. Teñen asociacións en Xinzo, Vilaboa, Santiago e Arteixo.-En que proxectos traballa o seu departamento?-Estamos a traballar, sobre todo, no fomento do asociacionismo para ter interlocutores válidos que nos informen da situación que están a vivir. Tratamos de solucionar con axudas as súas necesidades de funcionamento e dotacion de locais.-Cantas asociacións hai en Galicia e cales son máis activas?-Hai rexistradas 45 asociacións de emigrantes e as máis activas que tenemos son as latinoamericanas. Agora se están constituíndo as de rumanos, as de magrebíes xa teñen un bó nivel de participación, e as de africanos teñen moita preocupación pola súa comunidade.