AUTÓNOMOS

Un total de 29.769 autónomos cesaron a súa actividade nos once primeiros meses de 2008, un 41,2% máis que en 2007

EUROPA PRESS

Segundo se desprende do en informe elaborado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA), o número de altas alcanzou nesta data os 24.840 autónomos en Galicia, un 1 por cento menos que o ano anterior.

Así, as diferenzas entre as altas e as baixas producidas, 24.840 e 29.769 respectivamente, dan como resultado un total de 4.929 afiliados perdidos polo RETA en Galicia nos primeiros once meses de 2008.

Segundo ATA, o número de traballadores autónomos que cesaron a súa actividade foi maior que en 2007 en todas as provincias galegas, especialmente en Lugo, onde de xaneiro a novembro cesaron a súa actividade un 100,3 por cento máis que no mesmo período do ano anterior, 4.620 autónomos.

Pola súa banda, A Coruña e Ourense rexistraron baixas no RETA un 38,7 e un 36,7 por cento máis que o ano anterior, por enriba da media española, que viu unha alza na diminución de autónomos dun 31,9 por cento. Pola súa banda, Pontevedra rexistrou un aumento dun 28,2 por cento no número de baixas no rexistro respecto ao ano anterior.

Así mesmo, ATA cualificou de "prometedor" o feito de que o número de altas rexistradas no RETA galego diminuíse nos primeiros 11 meses de 2008 un 1 por cento, unha cifra moi inferior ao 8,6 por cento da media nacional.

SITUACION DE CRISE

Para o presidente de ATA-Galicia, Rafael Granados, a situación de crise económica que atravesa a economía española "estase a asañar de xeito especial cos autónomos" galegos, tal como evidencian os datos.

Non obstante, apuntou Granados, debe terse en conta que o 1 de xaneiro de 2008 os agrarios por conta propia pasaron a cotizar ao RETA, "e este colectivo ten unhas taxas moi elevadas de xubilación", o que, destacou, "o peso da agricultura en Galicia é importante".

Ademais, engadiu que aínda que o número de altas rexistradas foi inferior ao detectado en 2007, o descenso "foi solo do un por cento", o que, asegurou, "amorteceu en boa medida o elevado número de baixas" e do que deduciu que "o traballo autónomo foi unha alternativa real de emprego" para moitos traballadores" galegos.

Tracking Pixel Contents