Un estudio propón aproveitar as terras abandonadas para a produción de biocombustibles
EUROPA PRESS
Un estudio do Centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF) da Fundación Caixa Galicia propón aproveitar a existencia dunha porcentaxe de terras abandonadas na comunidade para a produción de biocombustibles e, ademais, formula a creación dun fondo duns 39 millóns de euros para impulsar a actividade.
O director de CIEF Galicia, Alberto Meixide, presentou hoxe na cidade olívica o estudio 'Análise do potencial de produción de biocarburantes en Galicia', elaborado por investigadores da Universidade de Vigo, e explicou que o traballo aborda o caso da comunidade, onde se produce trigo para fabricar bioetanol.
Así, avogou por ter en conta os terreos actualmente sen cultivar como unha "alternativa" e fomentar así este tipo de cultivos, que darían lugar non só a un beneficio ambiental, reducindo a dependencia dos combustibles fósiles, senón que tamén no campo "económico e social". Segundo asegurou, esta actividade contribuiría á fixación da poboación no rural e ao aumento da renda.
Meixide explicou que o estudio fai unha valoración das actuais zonas de cultivo de trigo, debido a que a Xunta non lle achegou uns datos "suficientemente detallados" no que respecta aos terreos abandonados.
En canto ás zonas de produción de trigo, o documento identifica fundamentalmente as áreas de Allariz-Maceda e A Limia en Ourense, así como Lugo e A Terra Cha. Na provincia da Coruña existe unha maior dispersión, en zonas como A Coruña, Ordes, Bergantiños, Santiago e Arzúa e considérase "practicamente testemuñal" en Pontevedra.
FONDO
O estudio reflicte, tras analizar a situación destas áreas, que o elevado custo privado da produción de bioetanol constitúe unha "importante barreira" de entrada para as empresas, ao mesmo tempo que os agricultores "non se ven incentivados a producir cultivos enerxéticos" porque "as axudas que reciben son insuficientes".
Así, proponse que as administracións públicas creen un fondo destinado a impulsar a produción e uso de combustibles respectuosos co medio de aproximadamente 39 millóns de euros anuais e que inclúa axudas tanto aos agricultores coma aos consumidores.
Segundo o informe, o citado fondo permitiría incrementar a actual axuda de 45 euros anuais por hectárea ata 70, favorecendo así a participación dos agricultores nos programas agroenergéticos. Ademais, posibilitaríase unha exención fiscal de 6 céntimos de euro por litro de biocarburante, de forma que podería incentivar o seu consumo.
ACTIVIDADE 2008
En total, a Fundación de Caixa Galicia destinou o pasado ano 7 millóns de euros a actividades de formación e investigación, dos cales 4,8 corresponden só a investigación.
Meixide fixo hoxe balance da actividade do CIEF ao longo de 2008 e explicou que este centro, con sede en Santiago, contratou en 2008 a máis de 100 investigadores, tanto das universidades galegas coma doutras de España e abríronse un total de 25 liñas de investigación. Así mesmo, explicou que a presentación para este ano se realizará na inauguración da nova sede do CIEF en Santiago.
O responsable do centro, valorou como "moi satisfactoria" a actividade en 2008, posto que foi capaz de "establecer unha rede moi ampla de investigadores" galegos e de fose da comunidade e que permite "afondar en problemas que son relevantes en cada momento", conxugándoos con outros traballos que realizan de forma periódica.
Entre outras iniciativas, en 2008 asináronse convenios de colaboración coas deputacións da Coruña e Lugo para o desenvolvemento dos seus plans estratéxicos. Entre os proxectos de investigación do centro que están en marcha, inclúense temas como a Lei de Dependencia en Galicia, que se presentará nos próximos meses, a internacionalización da empresa, a Eurorregión ou análises sectoriais en áreas como a vitivinícola, os plásticos ou a piscicultura.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- Esta ruta de senderismo en el corazón de Galicia: mucho verde, árboles centenarios y puentes a menos de 2 horas de A Coruña
- Uno de los pueblos pesqueros más bonitos de España está a tan solo una hora de A Coruña
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene alquileres desde 400€
- Este es el pueblo gallego en el que veranea David Cantero cada año para 'desintoxicarme y ser feliz': en la provincia de A Coruña
- El tren del Noroeste se pone en marcha
- El 'Caribe Gallego' está a solo una hora de A Coruña: 'poco conocida' y con un paseo marítimo que merece la pena recorrer