Ex conselleiro de Agricultura y ex alcalde de Abegondo

J.A. Santiso Miramontes: "Non me identifico coa labor parlamentaria"

José Antonio Santiso Miramontes. / lo

José Antonio Santiso Miramontes. / lo

X.P. | Santiago

-¿Contaba con estar nas listas?

-Eu pedín non ir. Despois de ser conselleiro, non me identifico coa labor parlamentaria, e prefiro dedicarme ao concello. Só nos falta un concelleiro para gobernar.

-Non é demasiado luxo prescindir de tanto ex conselleiro?

-Nunca se sabe. Apostouse por facer unha renovación, pero a experiencia é un grado, e poderían aportar algo. Eu pedín non ir. No Executivo estaba a gusto, pero non no lexislativo. De feito, non tiven unha acción parlamentaria extraordinaria. A mi, non me parece mal, os líderes teñen que buscar a xente coa que traballar mási a gusto. Están por ver os resultados.

-Non hai ningún que proteste?

-Hoxe falei con Cholo Orza, que levaba moitos anos, ao igual si se sente defraudado, el que é máis de despacho. Pero eu son máis de campo, de contacto cos cidadáns.

-O PP está máis unido que hai 4 anos?

-Había xente que dicía que o paso pola oposición ía pasar factura, e non foi así. Correspóndelle a Feijóo organizar a campaña e controlar a historia. Despois haberá que evaluar os resultados.

-Hai esperanzas en acadar a maioría?

-Parece que as enquisas son favorables. Eu non as teño, pero iso é o que di o líder.

-O problema pode estar no rural?

-O voto rural é unha porcentaxe bastante importante para o PP, por iso Feijóo anunciou un plan rural para cada unha das comarcas. No rural non se fixo moito nos catro anos de bipartito, salvo o Bantegal, que aínda non ten repercusión. Tal como está a crise, o rural hai que potencialo. É de onde comemos.

-É un adeus o un ata logo?

-Agora estou centrado na política municipal, en Abegondo. Iso non quere dicir que nun futuro non volva á política autonómica. Polo de agora, nas dúas próximas lexislaturas, iso queda descartado.

-Ultimamente, Feijóo sempre fala dos "vicios" do PP no pasado.

-Os alcaldes creo que quedaron contentos comingo. No pouco tempo que estiven non me deu tempo a facer moito mal. E algo de ben creo que fixen.

Tracking Pixel Contents