Precampaña electoral

Volta ás orixes para os ex conselleiros

As listas do Partido Popular para as autonómicas do 1 de marzo prescinden de ata oito ex conselleiros en gobernos de Manuel Fraga e só contarán con Pilar Rojo e Corina Porro

X. P. | Santiago

De conselleiros en sucesivos gobernos de Manuel Fraga, a parlamentarios. E de parlamentarios, a poñerse ás ordes do partido para o que se necesite. Ninguén quere falar sobre enterrar a época Fraga, e recordan que Feijóo tamén foi un home do ex presidente: ex director xeral, ex conselleiro e ex vicepresidente. De feito, nesta precampaña xa apareceron xuntos nun acto en Lalín co sector agrogandeiro. Aínda que de portas para fóra, non hai críticas para a lista, algún fala de agardar aos resultados para analizar as decisións. Hai respecto ás listas do líder, Alberto Núñez Feijóo, que é o responsable de facelas. O ex conselleiro de Xustiza e ex secretario xeral dos populares, Jesús Palmou, sostén que nos dous últimos días falou con todos os implicados, e con moitos máis cargos do Partido Popular, e ninguén lle transmitiu queixas, só ánimos. "Ninguén falou de que fose unha decisión desacertada", di o ex conselleirode Xustiza. Xunto con Palmou caéronse das listas Jaime Pita, J.A. Orza, López Veiga, López Besteiro,Miras Portugal, Santiso Miramontes e Barreiro. Resiste Pilar Rojo e volve Corina Porro.

Tracking Pixel Contents