28 de julio de 2009
28.07.2009

Feijóo di que Galicia ten agora un Goberno unido e cun "fin único"

28.07.2009 | 15:54
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo comparece cos seus membros do executivo no Pazo de Raxoi para explicar os cen días de goberno.

O titular da Xunta fixo unha valoración dos cen primeiros días do seu executivo tras o cambio político do pasado mes de marzo, nos que Feijóo dixo que "cumpriu o mandato da cidadanía nas urnas"

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo que Galicia ten agora "un só Goberno, unido e cun fin único" fronte a "os dous gobernos enfrontados" que, como xefe da oposición, denunciara durante a etapa do bipartito.

Núñez Feijóo afirma que o seu goberno está acometendo "a segunda modernización de Galicia" entendida como "cidade única", e resaltou como principais éxitos do seu mandato a política austeridade, o acordo sobre o AVE co Ministerio de Fomento, a iniciativa para a derrogación do Decreto do idioma no ensino, a revisión do concurso eólico e o fomento do emprego.

Pola contra, afirmou que o Goberno galego non alcanzou o seu obxectivo na negociación do novo financiamento autonómico, aínda que logrou "mellorar" a oferta económica inicial do Executivo do Estado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia