A Xunta aprobou onte o plan de xestión da sardiña da frota do xeito para 2016, no que se volve fixar unha veda do 1 de novembro ao 31 de decembro, con topes máximos mensuais de captura, ao igual que en 2015.

O sector xeiteiro conta cunha cota de sardiña de 175 toneladas, tras o recorte do 12,5% respecto ás 200 toneladas de 2015. O plan fixa cinco toneladas para o primeiro trimestre do ano; oito toneladas por mes en abril, maio e outubro, 25 toneladas por mes para xuño e setembro e 48 toneladas por mes en xullo e agosto. Esta é a especie principal para esta arte xunto á anchoa.