Previr antes ca curar. Ese é a premisa baixo a que, segundo apunta a presidenta de Adega, hai que traballar para combatir os efectos do cambio climático no subsuelo. Pero os primeiros síntomas xa se produciron hai dúas décadas e hoxe en día "a realidad é que a auga e un ben escaso e atópase en peor estado de saúde". Para Virginia Rodríguez, a situación de déficit hídrico actual esixe reducir a demanda "de xeito drástico", mellorar as captacións, evitar as fugas, penalizar aos "despilfarradores" e "grandes consumidores" e camiñar cara a desprivatización da xestión da auga.

-Que previsións se manexan sobre o caudal dos ríos galegos para os vindeiros anos?

-Como se recolle no informe de Ecologistas en Acción todo apunta a un escenario para 2021con aproximadamente un 20% menos dos recursos hídricos dispostos a principios dos noventa, a causa do cambio climático, así como un incremento sobre as demandas actuais de arredor do 10%. En concreto, na demarcación Norte as aportacións de auga nos ríos no periodo1940/41-1995/96, con relación a 1996/97 2005/06, diminuíron un 11,3 %. A tendencia é cara unha diminución clara dos aportes de auga nos ríos galegos.

-Cando comezaron a percibir que a situación dos caudais fluviais se agravaba?

-Periodos de seca sempre os houbo e sempre os haberá, mais na última década a diminución do aporte aos ríos é unha realidade. Se a esto se lle suma que nalgúns ríos o estado de saúde non é moi bo, temos unha situación na que deberiamos adicarlle unha maior atención. Dende Adega levamos máis de 20 anos facéndolle ver á administración e á cidadanía a necesidade de facer un uso responsable da auga e demandando melloras no saneamento dos ríos e rías, posto que a realidade é que a agua accesible é cada vez máis escasa e atópase en peor estado de saúde.

-A que atribúe a situación actual na comunidad: cambio climático, escasez de chuvias, falta de políticas de prevención, despilfarro no consumo?

-Trátase dunha situación complexa, onde hai moitas variantes que inciden nesta situación. Non é unha única causa. Sen embargo o déficit hídrico poderíase entender como unha das variantes que máis condicionan esta situación. Todo o que se poida facer é necesario, e de feito, como en todas as problemáticas, débese ser proactivo en vez de reactivo e traballar antes de que apareza o problema.

-A falta de chuvias obriga a perforar máis de 60 metros para abrir un pozo, o dobre que hai uns 20 anos...

-As augas subterráneas son quizais as máis esquecidas nos plans hidrolóxicos e delas faise un uso abusivo por parte da sociedade, incluíndo aquí os usos tamén agrícolas e gandeiros. Hai unha sobreexplotación clara destas augas subterráneas.

-Que medidas se deben tomar con carácter inmediato desde a Administración para minimizar este déficit hídrico?

-A solución ao problema non pasa so por frear o crecemento da demanda senon que hai que reducir a demanda actual dun xeito drástico. A nivel estatal o maior problema atópase nos regadíos, aquí non é a maior problemática mais sería necesario dende a Adminstración incrementar a eficiencia na utilización da auga alí onde se poida (modernización de regadíos, reutilización de augas residuais depuradas, etc.), e fomentar a substitución de cultivos por outros menos consumidores de auga. Tamén sería necesario aplicar medidas restrictivas sobre o incremento do consumo no sector urbanístico e turístico na costa.

-A solución pasa por construir máis embalses?

-Dende logo que non. Os ríos do noso país xa están sometidos a unha alta regulación. O esforzo das administracións pasa por facer melloras nas captacións das augas, evitar as fugas que se producen nas redes de saneamento, e a promoción de tecnoloxías baseadas na reutilización de aguas que redunden por tanto nunha nova cultura da auga.

-Se fora máis caro o prezo da auga tomaríase conciencia sobre un consumo responsable?

-Vivimos nunha sociedade de consumo na que o diñeiro en moitos casos marca o comportamento da cidadanía. Deberíase pagar o prezo xusto, entendendo que neste custo débese ter en conta tamén os gastos de saneamento vinculados a contaminación da auga empregada. Un prezo máis caro claro que redundaría no consumo de auga pero esto non querría decir que a sociedade tivera unha mellor conciencia ambiental.

-Penalízase suficiente o despilfarro?

-O acceso á auga potable é un dereito universal e polo tanto a cidadanía debe ter acceso asequible, e as persoas en risgo de exclusión social gratuíta. Agora ben, é necesario a existencia dun canon da auga onde se penalice os despilfarradores e grandes consumidores incluíndose aquí a industria, agricultura e a gandeiría que apenas se contempla no canon de auga actual. Un canon de auga con tarifación por treitos onde se grave aquel que máis consume é fundamental, incluíndo por suposto as captacións privadas. O simple feito de que a auga chegue aos fogares leva parello unha contaminación da mesma e polo tanto é necesario un canon para poder invertir no sanemaento. Entendemos tamén que é necesario camiñar cara a desprivatización na xestión da auga. Non debe estar en mans de multinacionais.

-Córrese o risco de que a longo prazo a agua se convirta nun artigo de luxo?

-A auga debe considerarse un artigo de luxo, simplemente polo feito da dependencia que os seres vivos temos dela. É responsabilidade de todos facer un uso responsable dela e mantela nun bo estado.