Cales son os puntos fortes do proxecto co que se presenta e cales considera os débiles do seu rival?

A nosa candidatura busca abrir unha etapa de unidade para darlle estabilidade ao partido cunha posición de esquerda e un perfil galeguista. A militancia necesita transparencia en lugar de políticas da vella guardia.

Que folla de ruta plantexa para derrocar ao Partido Popular e converterse en alternativa a Feijóo?

Busco a máxima participación este domingo porque esa forza lexitimará a unión do partido para levar adiante un programa de esquerda capaz de xestionar os problemas da cidadanía. Se empezamos a percorrer ese camiño recuperaremos a confianza dos cidadáns.

Aceptaría pactar con outras forzas da esquerda se precisase o seu apoio para gobernar?

A unidade pasa por estar convencidos de que a necesitamos despois de anos de confrontación. Os responsables orgánicos deben ter claro que a votación será unha lección de democracia e asumir o resultado para ter unha dirección forte.

De que forma pretende acadar a unidade no PSdeG, clave na perda de apoios nas últimas citas electorais?

O noso obxectivo é ser o primeiro partido da esquerda. Outra cousa é que se non temos maiorías absolutas como pasa nalgúns concellos somos capaces de chegar a acordos con BNG ou En Marea cos que temos puntos de encontro.

Como valora o pacto de Caballero con Leiceaga que reduciu o número de candidatos de tres a dous?

Pareceume inoportuno que o pacto fose o día do referendum en Cataluña e un ano despois do comité federal que acabou coa dimisión de Pedro Sánchez. Unha candidatura pode retirarse pero non mercadear cos avais en pactos que non proceden. En Leiceaga vin tacticismo porque pedíame que me retirase tendo só 13 avais máis e ao día seguinte retírase el buscando novas correlaccións de forzas. Eses pactos non lle gustan á militancia e xa foron vapuleados a nivel federal.

En que agrupacións locais conta con que o domingo reciba máis apoios a súa candidatura?

Non podería facer unha disección territorializada. Todas as comarcas son importantes para ter unha boa vertebración territorial e chegar a moitos sitios.

Cre que dependendo do resultado agrandarase a brecha entre o norte e o sur de Galicia?

Ese discurso de enfrontamento do que se fala cada vez menos non o vivo e trato de vertebrar o territorio para que todo o socialismo en Galicia estea moi unido. Preocupame máis a diferencia de crecemento entre a Galicia atlántica e as dificultades de desenvolvemento económico do interior.

Contará co outro candidato para o seu equipo no caso de que vostede sexa o ganador o domingo?

Hai moitos compañeiros de experiencia que poden ser válidos nunha nova dirección pero non en representación de candidaturas. Agora só penso en necesidades da organización da nova dirección en base aos problemas que temos e que nos traslada a militancia.

E se perde uniríase ao outro proxecto se llo ofrecen ou pasaría a un segundo plano?

Se gana Caballero poñeireime a disposición del sendo consciente de que tería que pasar a segundo plano. Se é o novo secretario pediríalle que contase con compañeiros de moita valía que me apoiaron para chegar á unión do partido.