17 de mayo de 2018
17.05.2018

Venres de ceo despexado e temperaturas en lixeiro ascenso

Consulta a predición metereolóxica para a xornada do venres

17.05.2018 | 17:55
Venres de ceo despexado e temperaturas en lixeiro ascenso

As altas presións continuarán estacionarias sobre as Illas Británicas na xornada do venres en Galicia, de maneira que achegarán aire cálido desde o sur e fará que aumente a inestabilidade no interior.

O ceo estará pouco nubrado ou despexado durante a mañá, con nubes de estancamento no litoral cantábrico e, xa pola tarde, haberá nubes de evolución no interior, que deixarán algún chuvasco tormentoso, máis probable na montaña de Lugo e Ourense, segundo Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente.

As temperaturas, pola súa banda, experimentarán un lixeiro ascenso, polo que a sensación será de calor na metade sur. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte durante a mañá, aumentando pola tarde.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores