-A Xunta quere asumir a xestión dos montes mancomunados que estean en situación de abandono. Como se fará isto?

-Somos tremendamente respectuosos coa propiedade deses montes veciñais. Pero hai unha parte importante deses montes que teñen pouca xestión ou ningunha. Queremos que esos montes cando están nunha situación de abandono poidan ser cedidos, en xestión, á Xunta ou a entidades que os poidan traballar, pero sempre de acordo cos comuneiros. De feito os beneficios reverterán neles.

-Cantos montes mancomunados poden estar en situación de abandono?

-Un terzo dos 3.000 montes mancomunados están con dificultades de xestión, moitas veces polo envellecemento dos comuneiros.

-Non se precisa tamén a incorporación de xente moza ao campo?

-Hai unha aposta pola remuda xeracional. Neste proceso de reconversión se houbera unha explotación que tivera que pechar por falta de sucesión, nós plantexamos na nova lei mecanismos para poñer en conexión a estas explotacións que seguen sendo rendibles con xente que esté disposta a facerse con elas.

-O Banco de Terras só logra arrendar unha de cada dez parcelas. Hai que axilizar o seu funcionamento?

-Sen dúbida. Fíxose ata agora un bo traballo. Nós queremos facilitar aínda máis os arrendamentos. Se as terras podense arrendar nun día que non estean nun mes.

-Hai un bo número de parcelas con dono desconocido. Como se resolve isto?

-Hai fincas que son de dono descoñecido, unhas 300.000. Pero son unha mínima parte do problema que ten o rural galego. Hai moitas fincas que teñen titular catastral pero está ilocalizable. Un 30% do total. Unha liña que se vai a desenvolver na nova lei é que unha vez atopemos una finca de titular ilocalizable abriremos unha investigación, pero mentres investigamos xa imos xestionando esas parcelas e poñéndoas a disposicion de quen as queira traballar.

-A Xunta tentou de fomentar as agrupacións de propietarios forestais mediante as Sofor, pero só se crearon 11. Fallou este modelo?

-Na nova lei seguiremos apostando polas Sofor, que son sociedades mercantís nas que se precisa ir ao notario para a súa constitución. Pero tamén haberá outros instrumentos máis sinxelos como cooperativas de xestión conxunta ou fórmulas asociativas.