O Parlamento galego aprobou onte unha iniciativa do PP galego para instar á Xunta a que poña en marcha accións enfocadas para promocionar o emprego da madeira na construción. Esta proposta aboga por dirixirse cara profesionais, promotores e usuarios para difundir as vantaxes da madeira e permitir a valorización da industria forestal galega.

Na comisión de Industria, a deputada popular María Antón remarcou que "ninguén cuestiona que o sector forestal é unha oportunidade de futuro en Galicia e para Galicia". Nesta liña, destacou que a aposta da Xunta pola Axencia Galega da Industria Forestal, que ten aun dos seus piares na "innovación", mentres traballa en "diferentes iniciativas que permitan impulsar o sector cara unha industria 4.0". "O esforzo humano e financeiro que se precisa para crear solucións, produtos ou tecnoloxías ten que ter unha aplicación práctica e o usuario como destinatario final", destaca.