O Goberno aínda non solucionou o tema de Alcoa. Antes de ser ministra, Yolanda Díaz dicía que era competencia estatal resolver o prezo enerxético e agora descarga a responsabilidade na Xunta.

Hai dúas administracións competentes. Unha, o Ministerio de Industria, que está facendo enormes esforzos dicíndolle a Alcoa que o prezo da enerxía non vai ser un problema. Esa multinacional parece que ten tomada a decisión. Cómpre lembrar que a privatización de Alcoa, Inespal, foi o PP de Aznar. A outra autoridade competente é a Xunta, o artigo 30 do Estatuto de Autonomía di que ten competencias en materia industrial. Se Galicia en Común está con Consello da Xunta, imos empregar todas as medidas para salvar os empregos na Mariña.

Están aggiornados

Estamos facendo o que o tempo histórico nos pide: políticas en defensa das maiorías sociais buscando amplios consensos. O noso obxectivo era estar nos gobernos para cambiar as cousas. Estamos facéndoo sen crear o conflito que moita xente predicía iamos xerar. Hai unha diferenza substancial entre o que fixo o PP na crise financieira do 2008, da que se saíu con recortes, e como se está facendao agora, sen deixar a ninguén atrás e cunha inxente mobilización de recursos.