BNG defende no Día da Patria un novo status de nación para avanzar cara unha Galicia "xustafeministasostenible, inclusiva e con oportunidades para a mocidade".

Fronte a un Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, que "non quere competencias, porque a máis competencias, máis se lle ve a súa incompetencia", a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu en A Quintana, en Santiago, a alternativa que representa a súa formación, que non quere pórse "límites" nin que "outros" llos poñan. "Non queremos que nos impidan camiñar cara un novo status de nación, porque Galicia non pode quedar na liga das rexións, temos que xogar la liga das nacións".

Imaxe da praza da Quintana, en Santiago, durante o acto do BNG. Efe

Diante dun auditorio repartido en dúas prazas, A Quintana e Praterías, para cumprir os protocolos COVID e que, mesmo así, deixou xente fóra dos recintos, a líder dos nacionalistas galegos reivindicou un BNG "abierto e plural onde teñen cabida todas as persoas que queren Galicia e buscan un futuro mellor", aqueles que "poñan por diante a defensa dos intereses deste país". "Recibirémolas cos brazos abertos", asegurou.

"Sen límites"

"Queremos producir aquí para todo o mundo e facelo de xeito sostible, queremos ser referentes en ciencia e investigación, en campos coma a biomedicina, a investigación mariña, enerxías limpas... Medrar sen renunciar ao que somos, con orgullo de ter unha lingua propia", sostivo Pontón. "Porque se nós non nos ponemos límites, Galicia non terá límites", proclamou, defendendo que a meta debe ser "facer deste país algo máis ca un destino turístico".

Pontón incluiu no seu discurso alusións á actitude "exemplar" dos cidadáns na pandemia e á necesidade de loitar contra os recortes.

Na súa intervención, asegurou que Feijóo "está a todo menos a gobernar e a solucionar os problemas". "Está facendo oposición da oposición, e, se a súa ilusión é exercer de oposición do BNG, que non se preocupe, faremos todo o posible para que pase a portavoz da oposición e cumprir os seus desexos", ironizou.

Tamén aludiu ao Gobierno "progresista" de Sánchez, a quen reprochou o "repetir as políticas do PP". "Ese no que só progresa o prezo da factura da luz e os beneficios das eléctricas", acusou. Fronte a iso, instou a "máis BNG no Congreso" ata formar un grupo propio "forte para que Galicia conte".