Ana Pontón avoga por tomar as decisións axeitadas e "facer historia" no 2024
Aposta por ampliar a representación nos Concellos e tamén no Estado

Ana Pontón avoga por tomar as decisión axeitada e "facer historia" no 2024 / @anaponton
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avogou está mañá pola necesidade de tomar as decisión axeitadas para conseguir presidir a Xunta en 2024. Pontón, no discurso inaugural da XVII Asemblea nacional do BNG, que se celebra hoxe no Coliseum" da Coruña, advirtiu de que quedan tres anos para "facer historia" e de que nestes anos a formación non se pode equivocar nas decisións que tome: "Superamos aos que nos citaban en pretérito e hoxe o BNG é a segunda forza de Galicia".
Pontón fixo referencia á "remontada" da organización desde 2016 grazas á toma de decisións "audaces" e sen renunciar aos seus principios. "Aquí está o BNG máis unido e cohesionado", dixo, para reivindicar a fortaleza do BNG na "xenerosidade e lealdade" do colectivo e non de persoas concretas.
Pontón lembrou a necesidade de axustar "táctica e mensaxe" cando os resultados non acompañaban. "Tomamos decisións audaces cando apostamos por un discurso claro e actualizado que fuxise de ideoloxismos e pudiese conectar coa cidadanía", relatou Pontón, que puxo sobre a mesa a necesidade de ampliar a representación institucional, tanto nos proxectos municipais como no Estado.
"Acertamos nesas decisións porque soubemos ler que era o que estaba pasando e foron eses acertos os que nos levaron a endereitar o rumbo do barco", relatou Pontón, que non obviou o seu período de reflexión e dixo estar "ilusionada". Asegurou que está convencida de que a organización "acertará nas decisións" que tome para chegar á "maioría social".
Pontón alertou do perigo de caer no "conformismo ou na rutina" e reivindicouse coma unha muller que, nin na política nin na vida, dá nada por sentado. "Deixarse levar pola inercia ou a autocompracencia sería un erro maiúsculo", dixo Pontón, que puxo como obxectivo gañar a Xunta en 2024 e, para iso, considera que é imprescindible o "contacto permanente" con sectores económicos, sociais e culturais.
Pontón fixo referencias tamén á pandemia é a crise económica derivada dela. "Fronte á crise: nacionalismo", reivindicou Pontón, que prometeu "traballo sen descanso" para "liderar Galicia" no 2024.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- Activada para este domingo la alerta por lluvias en A Coruña y Lugo
- Así es el 'pueblo-burbuja' gallego: el paraíso de la desconexión y la tranquilidad a solo 90 minutos de A Coruña
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Esta ruta de senderismo en el corazón de Galicia: mucho verde, árboles centenarios y puentes a menos de 2 horas de A Coruña
- Este es el pueblo gallego en el que veranea David Cantero cada año para 'desintoxicarme y ser feliz': en la provincia de A Coruña
- El tren del Noroeste se pone en marcha
- El pueblo donde mejor se come de Galicia: un tesoro 'infravalorado' en plena Ribeira Sacra