Solicitan que se inclúa o coidado dos animais no Código Civil de Galicia

Con motivo do Día Internacional dos Dereitos dos Animais o pasado domingo, a Fundación Franz Weber quixo reivindicar a protección e a garantía de coidados dos animais no Código Civil de Galicia, imitando aos textos xa aprobados no texto básico de Cataluña e noutros países, como a Constitución Política de Cidade de México. Os naturalistas sinalan que o Código galego é un espazo axeitado para integrar a defensa dos animais e a súa consideración como parte da sociedade.

Tracking Pixel Contents