«No BNG debemos ter máis ambición e mellorar no traballo social»

O BNG celebra o domingo unha asembla nacional á que concurren dúas candidaturas alternativas á oficialista liderada por Ana Pontón. Noa Presas, dos arredistas, e Gustavo Barcia, do Colectivo Alicrce, piden máis ambición nos obxectivos soberanistas e máis peso do ecoloxismo e o feminismo.

Noa Presas, en Ourense. |  Iñaki Osorio

Noa Presas, en Ourense. | Iñaki Osorio

Daniel Domínguez

A deputada autonómica Noa Presas encabeza a candidatura «BNG en movemento» do Movemento Arredista e avoga por ter «máis ambición no organizativo e mellorar no traballo social» para «facer pedagoxía» sobre as bondades do soberanismo.

Por que presentan candidatura á dirección do BNG?

Formo parte dun espazo político que desde o ciclo de recuperación do BNG participamos sempre de candidaturas de unidade e esa foi a nosa vontade, mais a falta de xenerosidade das correntes maioritarias levou a que non houbese acordo nesta ocasión e por iso impulsamos unha candidatura: para manter o noso espazo político representado nos organismos de dirección e enriquecer o debate.

Esa falta de xenerosidade que critica reférese a que non lles cedían espazo suficiente na dirección do Bloque?

A construción dos consensos nunha organización plural como o BNG require facer moitos equilibrios. Un dos elementos que fixo que o BNG recuperase forzas foi precisamente ter sempre en conta a cohesión e a pluralidade e entendíamos que agora non se daban as condicións suficientes para manter esa liña de traballo.

Hai crise interna no Bloque, que pasou de lista única a tres?

Quen vexa nisto unha debilidade está equivocado. Isto forma parte da fortaleza do BNG e me preocuparía que todos estivésemos dacordo todo o tempo con todo. Iso reflictiría falta de honestiridade. O que temos é que mellorar para seguir sendo a alternativa.

No comunicado no que anunciaron vostedes a candidatura piden incidir no discurso soberanista. A que se refiren en concreto?

Temos o reto de facerlle ver á sociedade galega que cando falamos de soberanía falamos das cousas de comer, que ter máis capacidade de decisión beneficia as condicións de vida da maioría social. Debemos presentarnos como unha alternativa que sexa a que mellor xestione, pero tamén debemos por unha mirada longa e facer pedagoxía para que cada vez máis personas entendan que avanzar no autogoberno vai ser sempre positivo. Debe formar parte da nosa axenda diaria. Temos que revisar se estamos a facer o suficiente e ver como conseguimos más incidencia social. O que funciona nunha época non ten por que funcionar na seguinte.

Que opina do comunicado da UPG? Estalle a lanzar un pulso a Ana Pontón?

Cada quen ten que valorar as súas actuacións. A día de hoxe hai un respecto moi profundo a Ana Pontón como portavoz e candidata. Isto está fóra de toda dúbida.

Que expectativas teñen na asemblea? Os resultados dictamirán de xeito proporcional o seu peso no Consello Nacional e na executiva.

O que nos motiva é contribuir ao debate interno e mellorar o que non está funcionando para que o nacionalismo siga avanzando.

Que é o que non funciona?

Temos que ter máis ambición no organizativo e un reto como desputarlle a hexemonía ao PP require tamén mellorar o traballo social e todo o que non pode depender dos ciclos electorais.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents