“Queremos más ecoloxismo, feminismo e diversidade no Bloque»
O edil de Mos defende unha maior remuda xeracional na organización
Daniel Domínguez
Gustavo Barcia, edil en Mos, lidera a candidatura do recentemente constituído colectivo Alicerce. Reivindica más ecoloxismo, feminismo e diversidade no BNG. Percibe certa remuda xeracional na súa organización, que é unha fronte de partidos, como lembra, pero considera necesario que ese cambio de garda teña máis intensidade para que entre máis xente nova e non só no Bloque, senón en todas as organizacións políticas.
Por que presenta Alicerce a súa candidatura?
Presentámonos aos órganos de dirección para profundar en tres aspectos fundamentais: organización interna, feminismo e diversidade e ecoloxismo.
Que falta neses ámbitos?
Non se trata tanto de que cambiar, senón de profundar nestes eidos. No ecoloxismo, por exemplo, estamos nun momento crítico reaccionario, igual que no feminismo, e no ámbito interno estamos nun bo momento electoral, pero é cando máis hai que reforzar a organización, a formación interna, mobilizando a militancia.
Por primeira vez desde que Ana Pontón opta ao liderado, hai tres listas e a UPG pide máis coralidade e menos presidencialismo. Como o interpreta?
Como algo positivo. Somos unha organización importante e a xente quere implicarse. Desde fóra pode verse como unha crise interna, pero non o é. A realidade é que hai moita diversidade de opinións. Ademais, cómpre ter en conta algo que moita xente non sabe: o BNG non é un partido ao uso. É unha fronte de partidos e hai varias organizacións dentro. Iso é o que o fai tan rico.
Está baixo cuestión o liderado de Pontón?
Para nada, aquí o que hai é un debate de fondo máis que de liderado. Pode pensarse que me presento a portavoz nacional, pero non é a miña intención. Alicerce quere estar nos órganos de dirección para dar os debates que cremos necesarios.
A UPG pide un posicionamento máis ortodoxo, co soberanismo en primeira liña. Que opina?
Hai unha política do día a día, por así dicilo, da actividade parlamentaria, das leis... pero tamén hai outra política de fondo máis de cuestionar o sistema establecido e nós imos nesa liña.
Hai quen interpreta que se vive unha remuda xeracional no BNG e que iso tamén xera tensións. Compárteo?
Si, hai certa remuda, pero aínda debería haber máis en xeral, non falo só do grupo parlamentario ou do BNG. Refírome a todos os partidos. Nós somos a primeira forza entre os menores de 25 ou 30 anos e iso debería reflectirse máis.
Que obxectivos teñen para a asamblea do domingo?
Queremos entrar nos órganos de dirección, pero o máis importante é dar os debates. Se votan 2.000 militantes, podemos chegar ao 10%, pero é moi complexo predicir un resultado.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere Xosé Manuel Piñeiro
- Un gallego, una de las víctimas del grave accidente de Segovia
- Problemas con un pasajero en un vuelo entre Canarias y Galicia provoca momentos de tensión y retrasos
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública
- Un incendio obliga a desalojar un edificio en Santiago y 'descubren' un proyectil en su interior
- 15 rutas y senderos de premio en A Coruña
- Miles de empleados de la Xunta cobrarán este año hasta 46 euros más cada mes
- Un migrante argentino destaca el aspecto en el que Galicia es superior al resto: 'No me quiero dejar atrás esta palabra...