DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Miles de persoas toman Santiago en defensa da lingua: «Teremos futuro en galego»

Queremos Galego, plataforma convocante, sinala que é unha xornada "decisiva"

Miles de persoas toman Santiago en defensa da lingua: «Teremos futuro en galego»

Antonio Hernández

Belén Teiga

Santiago

Gaitas, pandeiretas e cantos en defensa do galego. Esa é a banda sonora que inunda hoxe as rúas de Santiago, onde miles de persoas participan na mobilización con motivo del Día das Letras Galegas, 17 de maio, que este ano ten como lema Lingua Vital Xa!.

"Na Galiza, en galego" e "Galiza ten futuro en galego" foron os cánticos cos que a manifestación, que ten como punto final a Praza do Obradoiro, partiu dunha abarrotada Alameda. "Veño todos os anos, pero sinto que este ano a situación é distinta, é máis preciso ca nunca", sinala Andrés, veciño de Pontevedra.

No percorrido tamén referencias constantes ás cantareiras, as homenaxeadas deste ano, con cánticos como "eu quero ser cantareira, eu quero ser pandereteira". "As pandeiretas deben este ano facer máis ruido", declara Carla, que leva seis anos vivindo en Compostela.

"Esta será unha xornada histórica e decisiva para comenzar a reverter a situación da lingua galega", sinalou Marcos Maceira, portavoz da Plataforma Queremos Galego, convocante da mobilización. Para "tomar arrendas do galego", Maceiras anunciou que o inicio do proceso Lingua Vital "será plural, participativo e aberto. Nel as entidades sociais galegas que foron excluídas do proceso da Xunta -en referencia ao pacto pola lingua que están desenvolvendo- decidirán cales son aquelas cousas que fan falta en cada ámbito".

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, espera que "ese orgullo que vimos reivindicado en todas as cantareiras siga sendo unha base sobre a que construamos o noso futuro". "Pedimos ao Partido Popular que deixe de estar en contra do galego e que deixe de estar traballando en contra da lingua propia do país", aseverou.

Tracking Pixel Contents