«A intensidade máxima das ondas de calor triplicarase en Galicia a partir de 2050»
Un estudo recente analiza a evolución das ondas de calor e frío na Península e Baleares ata finais do século XXI. Galicia non será a rexión onde máis aumenten as ondas de calor, pero partirá de intensidades xa elevadas e experimentará un incremento notable, sobre todo no sur e nas zonas altas de Ourense.

Alejandro Díaz ante o volcán Parinacota, na fronteira de Bolivia e Chile, facendo traballo de campo.
E. Ocampo
Alejandro Díaz-Poso forma parte do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e investiga os efectos do cambio climático sobre os episodios extremos de temperatura. É coautor do estudo «Heat and cold wave intensity and spatial extent on the Iberian Peninsula: future climate projections (2050–2095)», xunto cun equipo da UVigo e a Misión Biolóxica do CSIC.
Cales son as principais conclusións do estudo que estades a desenvolver?
Neste traballo analizamos como evolucionará a intensidade das ondas de calor na Península Ibérica e Baleares entre 2050 e 2095, tomando como referencia o período 1971-2000. Observamos que, no peor dos escenarios (o chamado 8.5, de alta concentración de gases de efecto invernadoiro), a intensidade máxima das ondas de calor podería triplicarse en Galicia. Nalgunhas zonas incluso superarían o 150% ou 200% de aumento.
Que zonas galegas se verán máis afectadas?
Vemos un incremento claro no interior e no sur de Galicia e na contorna da ría de Vigo. Tamén nas zonas de maior altitude, como a serra da Estrela ou Trevinca, no sueste de Ourense, están especialmente influidas por ser parte da franxa occidental da peninsula ibérica. Estas áreas están especialmente influídas pola dorsal norteafricana, unha masa de aire moi cálido en altura que se sitúa sobre o oeste peninsular e que contribúe a que estas rexións sufran ondas de calor máis intensas.
Polo tanto, as zonas de montaña tamén se verán afectadas?
Si, aínda que son menos poboadas, aumentará a súa exposición á aridez así como ao risco de incendios forestais. As elevacións do oeste peninsular teñen intensidades máis altas debido á presenza deste aire quente en altura, que afecta sobremaneira á intensidade das ondas de calor.
Que consecuencias poden ter estas ondas de calor máis intensas para a poboación?
A maior intensidade das ondas de calor implica un aumento da mortalidade asociada ás temperaturas extremas, maior risco de incendios forestais e tamén unha maior demanda de enerxía, especialmente pola necesidade de refrixeración nos fogares e centros de traballo. Aínda que este estudo non analiza directamente a frecuencia nin a duración das ondas, traballamos noutras liñas de investigación que ligan directamente estes episodios coa mortalidade.
Galicia sairá peor parada que outras áreas peninsulares?
En termos absolutos, a intensidade media e máxima será maior no oeste peninsular, onde se inclúe Galicia, Portugal e parte da franxa atlántica. Non obstante, en termos porcentuais, o cambio será menor que no leste peninsular, onde parten de intensidades máis baixas. Por exemplo, en zonas do Mediterráneo o cambio porcentual pode superar o 300%.
Cal é a diferenza entre os dous escenarios analizados?
O escenario 4.5 é máis optimista, cun menor forzamento radiativo, mentres que o 8.5 representa unha situación na que se continúa co uso intensivo de combustibles fósiles. No escenario 4.5, en Galicia o aumento da intensidade vai do 20 ao 80%, mentres que no 8.5 falamos do triple: o 200% de aumento porcentual acontecería na meirande parte do interior de Galicia. É dicir, no peor dos escenarios unha maior extensión do territorio triplicaría a intensidade.
E que mensaxe final se pode extraer deste traballo?
Que o cambio climático xa é unha realidade e que as ondas de calor serán máis intensas, incluso en rexións como Galicia, tradicionalmente máis temperadas. Isto terá consecuencias sobre a saúde, os ecosistemas e os sistemas de consumo de enerxía. É fundamental reducir as emisións canto antes.
Suscríbete para seguir leyendo
- El 'Caribe Gallego' está a solo una hora de A Coruña: 'poco conocida' y con un paseo marítimo que merece la pena recorrer
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- La ruta de senderismo más bonita de la primavera está en A Coruña: a orillas del mar y con un entorno 'de película
- Este pueblo costero de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene alquileres desde 400€
- El informe toxicológico de Paloma Lago no reflejaría sustancias compatibles con una supuesta sumisión química
- Bono turístico Galicia 2025: cuantía, requisitos y fechas para solicitarlo a partir de julio
- Una migrante argentina que ahora vive en Galicia elogia esta característica tan propia de los gallegos: 'Estuve en muchas partes de España y...
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene alquileres desde 400€