Espazo Nature Retreat, Somadrome Films e CLUN gañan os premios PEL
A sétima edición dos galardóns da Deputación da Coruña rexistrou a maior participación, con 127 candidaturas | Cada unha das empresas recibiu 20.000 euros | Padrón acolleu a gala

O presidente da Deputación, no centro, cos premiados e o alcalde de Padrón, na gala. | LOC
O Campus Tecnolóxico Cortizo, en Padrón, acolleu este venres a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación da Coruña, uns galardóns que recoñecen anualmente as mellores iniciativas empresariais da provincia. Nesta sétima edición, as empresas galardoadas foron CLUN (Ames), co premio á Proxección e Innovación Sostible; Espazo Nature Retreat SL (Carballo), na categoría Iniciativa Emprendedora; e Somadrome Films SL (Oroso), na categoría Traxectoria Empresarial. Estas tres empresas recibiron cada unha un premio de 20.000 euros polo seu compromiso co emprendemento, a innovación e a sustentabilidade.
A edición deste ano fixo ademais historia, ao rexistrar a maior participación dende a creación dos premios, con 127 candidaturas presentadas, entre as que destacaron, á marxe das tres empresas premiadas, Orixe Salgada SL (Boiro), na categoría Iniciativa Emprendedora; La Pradera Online, na de Traxectoria Empresarial; e Galopín Playgrounds SL, na de Proxección e Innovación Sostible, que foron recoñecidas polo xurado con sendos accésits dotados cun premio económico de 5.000 euros.
«Esta alta participación demostra que os Premios PEL interesan, que son necesarios e que están plenamente consolidados como un referente no ecosistema empresarial da provincia», destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, encargado de presidir a gala.
«Cada candidatura é unha mostra de ilusión, de traballo e de compromiso co territorio. Estes premios visibilizan proxectos que están a transformar o noso rural, a nosa economía e a nosa sociedade», engadiu Formoso, quen felicitou ás empresas premiadas polo seu «talento, esforzo e capacidade de innovar dende calquera punto da provincia».
Durante o acto, o presidente da institución provincial tamén fixo un balance do Plan de Emprego Local (PEL), ao que sinalou como «un dos proxectos máis transformadores da Deputación da Coruña». Incidiu en que se trata «do maior plan de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, que leva investidos 120 millóns de euros dende o seu inicio, con 7.700 empregos creados, 2.700 pemes e 4.000 autónomos beneficiados».
Por outra banda, durante a xornada tamén se lle entregou un recoñecemento especial á xornalista Fernanda Tabarés.
- Multas de hasta 3.000 euros por acceder con coches, altavoces o cuchillos al área de descanso del Festival de Ortigueira
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Javier Rey presume del pueblo coruñés en el que se crió: una villa medieval a orillas del mar
- La Xunta dará bonos de 50 euros para pescado desde el 28 de julio
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene alquileres desde 400€
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Muere el veterano sindicalista gallego Suso Díaz, padre de la ministra de Trabajo
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia