Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O relevo xeracional no agro galego

Santiago Lago Peñas

Santiago Lago Peñas

O envellecemento da poboación agraria galega converteu o relevo xeracional nunha das principais ameazas para o futuro do sector. O informe presentado esta semana polo Foro Económico de Galicia, coordinado por Edelmiro López Iglesias e Francisco José Ónega, incide nunha realidade preocupante: máis do 70% dos titulares de explotacións agrarias teñen 55 ou máis anos. Sen medidas coordinadas e ambiciosas, amplas zonas da xeografía galega poden ver desaparecer nas vindeiras décadas unha grande parte das súas explotacións agrarias.

O problema afecta de xeito desigual ao territorio e aos tipos de produción. O relevo é mellor e máis áxil nas áreas gandeiras do interior setentrional, especialmente nas explotacións especializadas de vacún de leite, carne, porcino e aves. Pola contra, o envellecemento é especialmente acusado nas explotacións non especializadas e en cultivos como horticultura, frutais e cítricos.

Ante esta situación, o informe salienta as iniciativas recentes da Consellería do Medio Rural, que no marco da estratexia de intervención rural 2030 estableceu o «Impulso ao relevo xeracional» como unha das súas oito liñas estratéxicas. A aplicación global e intensa das medidas incluídas nesta liña son fundamentais para abordar as barreiras que dificultan o relevo xeracional no sector agrario; barreiras que inclúen, ademais dos factores económicos e a dotación de servizos no rural, aspectos sociais, o acceso ao coñecemento e formación, e a dispoñibilidade de terra.

E ademais de todo o anterior, non hai que esquecer que Galicia ten un problema de abandono de superficie agroforestal. Todos os anos perdemos centos de millóns de euros por non aproveitalas; alimentamos lumes, deterioramos a paisaxe... Mudar esta realidade tamén exixe contar con xente que emprenda e traballe no sector.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents